Todos los exámenes de Selectividad 2022 de todas las comunidades
Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2022 · Extraordinaria
Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2022, Extraordinaria (julio): 6 problemas con solución. Gratis.
Temas del examen: Tipoloxía textual e cohesión · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
Pregunta 1 - Tipoloxía e cohesión · Tipoloxía textual e cohesión
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Xesús M. Piñeiro.
1.1.
Explique brevemente a intención do autor ao escribir este artigo. [0,5 puntos]
1.2.
Indique dous recursos de cohesión de diferente tipo (un gramatical e outro léxico) que empregue o autor para referirse a Mónica. [1 punto]
Pregunta 1 - Léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Xesús M. Piñeiro.
1.3.
Comente o sentido que teñen no texto as seguintes expresións: [1 punto]
Pregunta 2 · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 2. Produción textual (sobre o texto de Xesús M. Piñeiro)
Redacte un texto no que exprese a súa opinión persoal sobre o tema do texto. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [2,5 puntos]
Pregunta 3 - Morfoloxía e léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Xesús M. Piñeiro)
3.1.
Segmente morfoloxicamente estas palabras do texto e indique o tipo de cada morfema, así como o significado que acheguen os morfemas derivativos e flexivos: acoitelaron, matasen, feminicidio, culpabilizar. [1 punto]
3.3.
Indique catro palabras que pertenzan ao mesmo campo semántico que panadaría e cal é o hiperónimo correspondente. [0,5 puntos]
Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.2.
Sinale a que clase de palabra (categoría gramatical) pertence cada unha das que conforman o seguinte enunciado do texto:
«A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizás si.»
Palabra
Clase de palabra (categoría gramatical)
Pregunta 4.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
PREGUNTA 4. Lingua e sociedade
Escolla un dos dous apartados:
4.1.
Explique o cambio que supuxo para a lingua galega a aprobación do Estatuto de Autonomía, a partir dos dous primeiros puntos do seu artigo 5: «5.1. A lingua propia de Galicia é o galego. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar». Indique dúas consecuencias prácticas da aplicación deste artigo. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
Pregunta 4.2 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
4.2. Analice o seguinte gráfico sobre a lingua habitual en Galicia en función do número de habitantes do municipio (IGE, 2018) e indique o prexuízo que historicamente se orixinou a raíz desta situación e un argumento para desmontalo. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
Pregunta 5 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas
PREGUNTA 5. Educación literaria:
Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente unha obra narrativa doutros dous autores diferentes, da mesma época literaria que Castelao. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
“Chámanlle a Marquesiña e os seus peíños endexamáis se calzaron. Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña. Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña. Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a Marquesiña. A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a Marquesiña!”
Castelao, Cousas (1934).
Pregunta 6 · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
PREGUNTA 6. Educación literaria:
Contextualice historicamente o seguinte poema, explicando a visión de Galicia que transmite. A partir do propio texto, indique en que tendencia poética se inclúe o seu autor, así como dous representantes máis dela. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Xosé Mª Díaz Castro, “Penélope”, Nimbos (1961).
También puedes estudiar por temas
Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.
- Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · 17 problemas · 85 % de que salga
- Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · 15 problemas · 85 % de que salga
- Resumo, tema e estrutura do texto · 11 problemas · 85 % de que salga
- Literatura galega desde 1975 ata hoxe · 9 problemas · 80 % de que salga
- Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · 16 problemas · 75 % de que salga
- Tipoloxía textual e cohesión · 7 problemas · 75 % de que salga