Todos los exámenes de Selectividad 2025 de todas las comunidades

Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2025 · Extraordinaria

Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2025, Extraordinaria (julio): 6 problemas con solución. Gratis.

Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Tipoloxía textual e cohesión · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Fonética e fonoloxía do galego · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

Pregunta 1.1 · Resumo, tema e estrutura do texto

1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto, exprésese coas súas palabras. Extensión aproximada: 60 palabras. [1 punto]

Pregunta 1.2 · Tipoloxía textual e cohesión

1.2. Indique e explique se o texto anterior é descritivo, narrativo ou expositivo-argumentativo. Xustifique a súa resposta con, como mínimo, tres exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 60 palabras. [1 punto]

Pregunta 2.1 · Fonética e fonoloxía do galego

PREGUNTA 2. REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA. (2+0,5=2,5 puntos).

Responda dous destes catro apartados:

2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra grosa no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: reto, mulleres, acoso, novas, nenas. [1 punto]

Pregunta 2.2 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas

2.2. Sinale a que categoría gramatical pertencen as seguintes palabras que aparecen subliñadas no texto: debulla, amais, catro, pero, física. Engada un segundo exemplo de cada tipo extraído tamén do texto. [1 punto]

1. debulla

2. amais

3. catro

4. pero

5. física

Pregunta 2.3 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas

2.3. Indique a función sintáctica que desempeñan na súa cláusula ou oración estas cinco unidades do texto:

1.

2.

3.

4.

5.

Pregunta 2.4 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

2.4. Clasifique as seguintes palabras do texto en simples, derivadas, compostas ou parasintéticas e xustifique a súa resposta: problema, mocidade, fobia, atacantes, autoestima. Escriba un sinónimo e un antónimo de cada unha delas.

1.

problema

2.

mocidade

3.

fobia

4.

atacantes

5.

autoestima

Pregunta 3.1 · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros

3.1. A partir do texto que figura na cabeceira da páxina, que contén diversos exemplos de terminoloxía médica, redacte un texto de opinión centrado na importancia dos sociolectos ou variedades sociais nas linguas, en xeral, e no galego, en particular. O texto deberá contar con: breve introdución, corpo de argumentación (dous argumentos como mínimo) e conclusión. Extensión aproximada: 200 palabras. [2 puntos]

Lembre estruturar o texto con introdución, dous argumentos e conclusión, empregando terminoloxía lingüística axeitada.

Pregunta 3.2 · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros

Papá Mighel mola muitísimo. Cando teu pai morriu, viviches cos avós ata os quinse, e aínda que daquela andaban tristeiros, lembras os momentos con vivesa e cariño porque sempre che quixeron ben. (...)

De nena, teu avó levábache ó sentro cultural onde el pedía un caraghillo e a ti deixábache pedir un aquarius e dábache os seus asucarillos en que lambías ata que desaparesían... un visio.

Sica Romero, Avelaíñas eléctricas (2022)

3.2. Este texto pertence á novela Avelaíñas eléctricas (2022) de Sica Romero. Indique que variedade dialectal reflicte xustificando a súa adscrición mediante, como mínimo, catro exemplos tirados do relato. A partir desta narración e dos seus trazos dialectais elabore logo un texto expositivo-argumentativo sobre o valor das variedades dialectais das linguas, especialmente da lingua galega. Extensión aproximada: 120 palabras. [2 puntos]

a)

b)

Pregunta 4.1 · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2+0,5=2,5 puntos).

4.1. Este texto de Álvaro Cunqueiro pertence ao libro Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960). Relacione o relato, sucintamente, coa restante obra do autor e co movemento de recuperación da narrativa galega de Posguerra. Indique o tema principal e xustifíqueo a partir de exemplos tirados do texto. Analice, brevemente, a estrutura do relato e a presenza nel de elementos fantásticos. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)

O gatipedro

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na lingua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro, Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (1960)

Pregunta 4.2 · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2+0,5=2,5 puntos).

4.2. Este poema de Olga Novo pertence ao libro Nós nus (1997). Relacione o texto, sucintamente, co conxunto da escrita da autora e coa poesía galega dos anos 90. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto e analice as principais figuras literarias que nel se empregan. Extensión aproximada: 200 palabras. (2 puntos)

Os líquidos íntimos

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas

algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas

tódalas tardes ó volver da escola.

acostumada a tirar por un poema como por un becerro cando se lle ven as patas,

cando xa non se está en idade de medrar

toda maduración require un desgarro de tendóns

entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras que non se dirixen a ningunha parte

sóbenme ás paredes desde as que te vexo,

arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.

o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.

E case non podo soportar que as túas mans me acariñen

como a la dos xerseis que me facía a miña mai cando era nena

pero coa miña pel

coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

Olga Novo, Nós nus (1997)

También puedes estudiar por temas

Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.

Ver los 11 temas

Otras convocatorias de 2025

Ordinaria (2025)