Pregunta 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

TEXTO

Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.

A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.

O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.

Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Xesús M. Piñeiro.

1.3.

Comente o sentido que teñen no texto as seguintes expresións: [1 punto]

Enunciado: Pregunta 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.3. a) Sentido no texto da expresión: "para quen non queira fechar os ollos"

Solución: Refírese ás persoas que non ocultan nin negan o problema, senón que se atreven a admitilo e recoñecer a súa existencia.

1.3. b) Sentido no texto da expresión: "Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar"

Solución: A través desta expresión o autor denuncia o feito de acostumarnos a un problema social debido á súa reiteración, polo que deixa de afectarnos.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3.2 · Ordinaria 2023 · Pregunta 3 - Morfoloxía e léxico · Extraordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras