Pregunta 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

PREGUNTA 6. Educación literaria:

Contextualice historicamente o seguinte poema, explicando a visión de Galicia que transmite. A partir do propio texto, indique en que tendencia poética se inclúe o seu autor, así como dous representantes máis dela. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,

i a tea dos teus sonos non se move.

A espranza nos teus ollos se esperguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol como unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, Xesús María!,

e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Xosé Mª Díaz Castro, “Penélope”, Nimbos (1961).

Enunciado: Pregunta 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

PREGUNTA 6. Educación literaria: Contextualice historicamente o seguinte poema, explicando a visión de Galicia que transmite. A partir do propio texto, indique en que tendencia poética se inclúe o seu autor, así como dous representantes máis dela. (Extensión aprox. 250 palabras)

Solución: Contextualización e visión de Galicia: Xosé María Díaz Castro pertence á posguerra, unha época caracterizada, sobre todo nos primeiros anos, polo retroceso da sociedade e a represión exercida polo réxime. Para a cultura e a lingua galegas, a guerra e a ditadura supuxeron a ruptura de todos os avances transcorridos durante o primeiro terzo do século XX. Ademais, aumentou de forma considerable a desgaleguización, debido a diversos factores, como a industrialización e correspondente urbanización, a xeneralización do ensino obrigatorio, do que o galego estaba prohibido, e a extensión dos medios de comunicación de masa. Este poema reflicte a visión pesimista da situación de Galicia, debido a este retroceso provocado pola ditadura. Nel o tecer e destecer de Penélope representan estes avances que se ven truncados, “un paso adiante i outro atrás”, “suco vai, suco vén”. A esta mesma idea de estancamento remiten os símbolos da monotonía da chuvia ou o lento arar dos bois. Tamén observamos unha referencia á mísera situación económica que obriga a poboación a emigrar (“traguerán os camiños algún día a xente que levaron”), ou incluso ao sistema de foros (“pagar seu desmo”), que agudizaba a pobreza do campesiñado. Tendencia poética: Dentro da poesía de posguerra, Díaz Castro inclúese no intimismo, cun ton neovirxinialista. O existencialismo propio desta corrente observámolo neste poema aplicado á dimensión colectiva de Galicia, como pobo que sofre e non acaba de ver realizados os seus soños (“a tea dos teus sonos non se move”), nese continuo ir e vir, avance e retroceso. No poema, Galicia aparece personificada e o autor diríxese a ela empregando un presente estático (“move”, “esperguiza”, “envólveste”) e na última estrofa un xerundio (“desorballando”) e unha perífrase aspectual durativa (“vaise enterrando”), que intensifican esa sensación de estancamento e falta de dinamismo. A este sentimento tamén contribúen os pares antitéticos recorrentes no poema: “un paso adiante i outro atrás, Galiza”, verso que inicia e pon fin ao poema; “suco vai, suco vén”. Outros representantes deste intimismo existencialista de posguerra: María Mariño, Luís Pimentel, Uxío Novoneyra, Xohana Torres etc.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 6 · Ordinaria 2023 · Pregunta 5 · Ordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa