Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022
Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Extraordinaria (2022)
Enunciado
PREGUNTA 5. Educación literaria:
Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente unha obra narrativa doutros dous autores diferentes, da mesma época literaria que Castelao. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)
“Chámanlle a Marquesiña e os seus peíños endexamáis se calzaron. Vaí á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña. Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña. Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre, e chámanlle a Marquesiña. A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.
¡E aínda lle chaman a Marquesiña!”
Castelao, Cousas (1934).

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
PREGUNTA 5. Educación literaria: Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente unha obra narrativa doutros dous autores diferentes, da mesma época literaria que Castelao. (Extensión aprox. 250 palabras)
Solución: Contextualización: Castelao conforma, xunto con Vicente Risco e Otero Pedrayo, a cerna do Grupo Nós, que foron os creadores da narrativa moderna en lingua galega. Cronoloxicamente sitúanse no primeiro terzo do século XX. É unha época de avances importantes para a cultura e lingua galega, grazas ás Irmandades da Fala ou o Seminario de Estudos Galegos. Creáronse varias editoriais, como Lar ou Nós. Tamén se crea o Partido Galeguista, no que milita Castelao. Características da súa narrativa presentes no texto (escoller dúas): O estilo narrativo de Castelao e, en concreto, da obra á que pertence este conto, Cousas, caracterízase polo sintetismo, a ironía, o protagonismo do pobo e unha linguaxe sinxela pero con elementos líricos e rítmicos: - Sintetismo: Mediante unhas escasas liñas, Castelao consegue transmitir o problema da desprotección dunha muller pobre ante o abuso dun home de clase alta e, en consecuencia, a desigualdade de clases e a inxustiza social que implica. - Ironía, que percibimos ao longo de todo o texto no contraste entre a denominación de Marquesiña e a descrición da nena. - Protagonismo do pobo, neste caso da filla ilexítima dun marqués que vive en situación de extrema pobreza, sen poder desfrutar da infancia, ao ter que traballar desde nena, sen dereito a ir á escola. - Linguaxe sinxela, lírica e rítmica. O ritmo está marcado pola recorrencia da expresión central do texto, “chámanlle a Marquesiña”, así como polas estruturas binarias nas que esta expresión se combina con diferentes elementos que denotan pobreza, nunha antítese continua que remata ao desvelarnos o motivo do alcume. Obras narrativas da mesma época doutros dous autores: - O porco de pé, na que Vicente Risco ridiculiza a burguesía a través do protagonista, don Celidonio, que representa ademais a superficialidade e a hipocrisía da clase política, pois chega a ser alcalde. - Arredor de si, na que Otero Pedrayo converte o protagonista, Adrián Solovio, nun trasunto dos homes do Grupo Nós, nuha viaxe de descuberta de Galicia e a súa cultura.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 5 · Ordinaria 2023 · Pregunta 5.1 · Ordinaria 2021 ›
Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas
- Ejercicio 4.1 · Extraordinaria 2026
- Ejercicio 4.1 - Educación literaria: Castelao · Ordinaria 2025
- Pregunta 5 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 5 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 5 · Ordinaria 2023
- Pregunta 5.1 · Ordinaria 2021
- Pregunta 5.2 · Ordinaria 2021
- Pregunta 6.1 · Ordinaria 2021
- Pregunta 6.2 · Ordinaria 2021