Todos los exámenes de Selectividad 2024 de todas las comunidades
Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2024 · Extraordinaria
Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2024, Extraordinaria (julio): 7 problemas con solución. Gratis.
Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Fonética e fonoloxía do galego · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
Pregunta 1.1 e 1.2 · Resumo, tema e estrutura do texto
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 1. Comprensión de texto
1.1.
Indique o tema do texto en dúas liñas como máximo. (0,5 puntos)
1.2.
Elabore un breve resumo coas súas ideas principais. (1 punto)
Pregunta 1.3 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 1. Comprensión de texto
1.3. Explique o significado que teñen no texto as seguintes palabras: decote, guinda, faíscas, abafantes. Non son válidas as respostas só con sinónimos. (1 punto [0.25 por palabra ben definida])
Pregunta 2 · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 2. Produción textual
Redacte un texto en que describa a súa opinión sobre o campo, a partir das consideracións da autora. *Extensión aproximada: 250 palabras. (2,5 puntos)
Pregunta 3.1 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.1. Examine os catro infinitivos en letra grosa no texto ( medrar, obviar, durmir, ver) e explique se é posible conxugalos. En caso afirmativo, reescriba o texto coa forma flexionada correspondente. (1 punto)
Pregunta 3.2 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
3.2 Tendo en conta a palabra illamento, constrúa derivados co sufixo -mento a partir de verbos das segunda e terceira conxugación (dous de cada unha delas) e explique o significado que o sufixo achega ás palabras creadas con el. [0,75 puntos]
a)
b)
c)
Pregunta 3.3 · Fonética e fonoloxía do galego
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
3.3 « N on hai cheiros» Explique se as grafías subliñadas representan fonemas distintos e localice no texto catro palabras (en total) nas que aparezan os mesmos sons. [0,75 puntos]
a)
b)
c)
Pregunta 4.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
PREGUNTA 4. Lingua e sociedade
Responda un dos dous apartados:
4.1.
A partir da campaña #aquítaménsefala, reflexiona sobre as medidas de normalización lingüística: son necesarias? Para que serven? Exemplifica o teu comentario concretamente no eido do deporte. (Extensión aprox. 250 palabras). [2,5 puntos]
Pregunta 4.2 · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros
4.2. A partir desta transcrición do Arquivo do Galego Oral, xustifique o bloque dialectal que lle corresponde e identifique os trazos que lle permiten caracterizalo como tal (catro como mínimo). Ademais, diferencie os trazos de lingua que revelan a diversidade dialectal dos que se corresponden con sociolectos ou rexistros. (Extensión aprox.: 250 palabras). [2,5 puntos]
Vouche contar muitas cousas que... vosoutros non sabedes nada das cousas de ante. E todo vai esquencendo. Si, porque vosoutros non queredes saber namais cás cousas modernas. Cousas dos vellos non queredes saber nada. Antes, mira, facíamos o pan na casa. Fiábamo-la la. Facíanse sempre as filloas, que ahora xa se vai perdendo: de quitado tu, teus irmaos tanto lles ten comelas como non comelas, a teu pai xa non lle gustan. Eu non sei, vanse perdendo as tradiciós i-as cousas que eso é unha cousa que non se cre. I-a min gustábame que non se perdera a costumbre da casa....
Cando se tendía o pan, pos cortábase un cachín com'on bolo e botábase elí nunha taza ou nunha cazola.
Pregunta 5 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas
PREGUNTA 5. Educación literaria
Contextualice o texto de Castelao na época literaria correspondente e sinale a importancia desta obra na evolución do teatro galego. Ademais, identifique e explique dúas características do seu estilo apoiándose no propio fragmento. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]
Entra un mendicante con cara de morto. Trai unha careta na man e pona diante do público para tapar a súa caveira e transfigurarse.
A MORTE
Chamando
¡Ei, da botica!
Entra o boticario.
O BOTICARIO
¡Que Deus o ampare, meu santo!
...
A MORTE
Eu teño unha doenza eiquí ( Pon a man no peito.) ¡Levo chumbo derretido no corazón!
O BOTICARIO
¡Que me di!
A MORTE
Non se burle de min, señor, polo que lle vou contar. Eu... eu namoreime dunha rapaza máis bonita que os ouros do Perú. Ela ten ollos e... ¡Como vai cangar cun vello!
O BOTICARIO
¡Quen sabe! ¿Non me dixo vostede que ten diñeiro?
A MORTE
Con diñeiro non se merca o que eu apetezo. Hai galáns novos no mundo, e nós, os vellos, xa non temos engado para namorar mozas. (...) Tódolos vellos cheiramos a morto. Todos damos noxo.
Castelao. Os vellos non deben de namorarse (1941)
Pregunta 6 · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
PREGUNTA 6. Educación literaria
Contextualice este poema na época correspondente e analice as súas características máis representativas. Engada o nome doutras dúas voces poéticas representativas desta época con cadansúa obra. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]
DO COUREL A COMPOSTELA
Os que así nos tein
Só tein noso os nosos nomes no censo,
Que hasta o noso suor sin alento pérdese na terra.
GALICIA, será a miña xeneración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutle!
Uxío Novoneyra, Elexías do Courel (1966).
También puedes estudiar por temas
Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.
- Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · 17 problemas · 85 % de que salga
- Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · 15 problemas · 85 % de que salga
- Resumo, tema e estrutura do texto · 11 problemas · 85 % de que salga
- Literatura galega desde 1975 ata hoxe · 9 problemas · 80 % de que salga
- Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · 16 problemas · 75 % de que salga
- Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · 8 problemas · 70 % de que salga