Todos los exámenes de Selectividad 2023 de todas las comunidades

Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2023 · Extraordinaria

Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2023, Extraordinaria (julio): 7 problemas con solución. Gratis.

Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Tipoloxía textual e cohesión · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

Pregunta 1.1 - Resumo · Resumo, tema e estrutura do texto

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de María Reimóndez

1.1.

Elabore un breve resumo coa información máis relevante do texto. (1 punto)

Pregunta 1.2 - Léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de María Reimóndez

1.2. Explique o significado que teñen no texto as seguintes palabras: apego, materialismo, delegan, dó. Non son válidas as respostas só con sinónimos. (1 punto)

Pregunta 1.3 - Cohesión · Tipoloxía textual e cohesión

1.3. Localice no texto dúas palabras comodín e propoña outras que as poidan substituír. [0,5 puntos]

Primeira palabra comodín

Segunda palabra comodín

Pregunta 2 - Produción textual · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto

PREGUNTA 2. Produción textual (sobre o texto de María Reimóndez)

Redacte un texto no que indique se está de acordo ou non coa autora e no que exprese a súa propia opinión persoal sobre o tema tratado. (Extensión aprox. 200-250 palabras) (2,5 puntos)

Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas

PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de María Reimóndez)

3.1.

Analice morfolóxica e sintacticamente os seguintes pronomes subliñados e en letra grosa no texto: fascíname; non fose con eles; nós mesmas; que me acompañan. [1 punto]

Pronome · Análise morfolóxica · Función sintáctica

fascína me

con eles

nós mesmas

que me acompañan

3.2.

Sinale a que clase de palabra pertence cada unha das que conforman o seguinte enunciado do texto: «Coa dor do retorno imposible, agora son os obxectos os que gardan a súa presenza». [1 punto]

Palabra · Clase de palabra / Categoría gramatical

Pregunta 3.3 - Léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

3.3. Localice no texto un hiperónimo e indique dúas palabras que se poidan incluír nel (aparezan ou non no texto). Localice tamén dous cohipónimos, pero doutro campo semántico distinto. (0,5 puntos)

Pregunta 4.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

PREGUNTA 4. Lingua e sociedade

4.1. Analice o prexuízo lingüístico que se denuncia na viñeta de Pepe Carreiro e sinale dous exemplos da historia da lingua galega que demostren as súas consecuencias na práctica. Indique se este prexuízo se mantén dalgún xeito na actualidade, argumentando a súa resposta tamén a través dalgún exemplo concreto. (Ext. aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

Pregunta 4.2 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

PREGUNTA 4. Lingua e sociedade

«Mais naide ten menos que eu teño as grandes cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícil, anque naide tampouco se pudo achar animado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, (...) atrevínme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro para toda clase de versificación.»

Rosalía de Castro. Prólogo a Cantares Gallegos (1863).

4.2. Sitúe o texto de Rosalía de Castro na época correspondente da historia da normativización e indique dúas características lingüísticas do galego escrito nela, sempre a partir de exemplos do propio texto. Explique se se manteñen na actualidade e, de ser así, en que contextos son máis frecuentes. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

Pregunta 5 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 5. Educación literaria

«Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau. Tamén Baldomero García viñera de Castela, vendendo queixo de pé de mulo polas portas, cunha blusa azul curta, cirigolas e chapeo coma o dos charros de Salamanca. Era pequeno, feito de cordas e sarmentos, e tiña a gadoupa enguruñada, adoito para apaña-las cadelas.»

Vicente Risco, O porco de pé (1928).

5. Contextualice o texto na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da obra, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes da mesma época literaria que Vicente Risco. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

Pregunta 6 · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

PREGUNTA 6. Educación literaria

«PENÉLOPE"

DECLARA o oráculo:

«QUE á banda do solpor é mar de mortos,

incerta, última luz, non terás medo.

QUE ramos de loureiro erguen rapazas.

QUE cor malva se decide o acio.

QUE acades disas patrias a vindima.

QUE amaine o vento, beberás o viño.

QUE sereas sen voz a vela embaten.

QUE un sumario de xerfa polos cons.”

Así falou Penélope:

“Existe a maxia e pode ser de todos.

¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR.»

Xohana Torres. Tempo de ría (1992).

6. Contextualice o poema na época correspondente e analice dúas das súas características máis representativas. Partindo deste poema como exemplo, explique o concepto de intertextualidade. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

También puedes estudiar por temas

Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.

Ver los 11 temas

Otras convocatorias de 2023

Ordinaria (2023)