Pregunta 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

PREGUNTA 4. Lingua e sociedade

Escolla un dos dous apartados:

4.1.

Explique o cambio que supuxo para a lingua galega a aprobación do Estatuto de Autonomía, a partir dos dous primeiros puntos do seu artigo 5: «5.1. A lingua propia de Galicia é o galego. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar». Indique dúas consecuencias prácticas da aplicación deste artigo. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

Enunciado: Pregunta 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Explique o cambio que supuxo para a lingua galega a aprobación do Estatuto de Autonomía, a partir dos dous primeiros puntos do seu artigo 5: «5.1. A lingua propia de Galicia é o galego. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar». Indique dúas consecuencias prácticas da aplicación deste artigo.

Solución: A raíz da aprobación do Estatuto de Autonomía, en 1981, o galego convértese en lingua oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, ao mesmo nivel que o castelán (cooficialidade). O establecemento como lingua propia supón o seu recoñecemento como lingua histórica de Galicia e símbolo cultural e identitario. Non obstante, establécese o dereito a coñecer e usar o galego pero non o deber (a diferenza do castelán no art. 3.1 da Constitución), o que mantén unha xerarquía xurídica favorable ao castelán. Como consecuencias prácticas poden indicarse: 1. A aprobación da Lei de Normalización Lingüística (1983) e o uso do galego polas institucións da Comunidade e a Administración pública. 2. A incorporación do galego ao sistema educativo como materia e lingua vehicular. 3. A oficialidade exclusiva da toponimia en galego. 4. A fixación e oficialización dunha norma estándar (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego de 1982).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 4.2 · Ordinaria 2023 · Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península