Pregunta 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

4.2. Analice o seguinte gráfico sobre a lingua habitual en Galicia en función do número de habitantes do municipio (IGE, 2018) e indique o prexuízo que historicamente se orixinou a raíz desta situación e un argumento para desmontalo. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5 puntos)

Enunciado: Pregunta 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

4.2. Analice o seguinte gráfico sobre a lingua habitual en Galicia en función do número de habitantes do municipio (IGE, 2018) e indique o prexuízo que historicamente se orixinou a raíz desta situación e un argumento para desmontalo. (Extensión aprox. 250 palabras)

Solución: Análise do gráfico: O uso da lingua galega aumenta a medida que diminúe o tamaño do municipio, de xeito que nas sete cidades galegas (concellos de máis de 50.000 habitantes), a porcentaxe de galegofalantes, de forma exclusiva ou maioritaria, é menos da metade dos que se rexistran no hábitat máis rural (concellos de menos de 10.000 habitantes). Nas vilas de maior tamaño a porcentaxe entre galegofalantes e castelanfalantes está equiparada, mentres que nas vilas máis pequenas xa encontramos maioría de galegofalantes, cunha diferenza de 16 puntos porcentuais con respecto aos castelanfalantes. Explicación do prexuízo: O feito de que os galegofalantes se concentrasen maioritariamente nas zonas rurais provocou que as características negativas asociadas tradicionalmente a este hábitat se aplicasen tamén a este grupo lingüístico e por extensión á lingua galega, mediante un proceso de xeneralización e atribución de causas erróneo. Dado que os habitantes do rural, en xeral, posuían menos estudos e menor nivel económico, atribuíanse estas características aos galegofalantes, dando lugar ao prexuízo de que a lingua galega era síntoma de incultura e pobreza. En realidade, a falta de estudos dos habitantes das zonas rurais e, por extensión, dos galegofalantes non se debía á súa menor capacidade, senón á falta de oportunidades, que provocaba á súa vez a escasa ou nula opción de mobilidade social e ascenso económico. Posibles argumentos para desmontar o prexuízo: En primeiro lugar, hoxe en día non existe esa vinculación directa entre o rural e a pobreza e/ou incultura. Ademais, as connotacións asociadas ao rural mudaron, de xeito que remite a un estilo de vida en moitos aspectos mellor có do ámbito urbano, canto a tranquilidade, contacto coa natureza etc. Ademais, aínda que, como indica o gráfico, os falantes de galego son maioría no rural, tamén hai unha porcentaxe importante nas vilas, case igualados aos castelanfalantes, e incluso nas cidades representan case o 20%. En definitiva, falar unha lingua ou outra non implica en ningún caso maior ou menor capacidade intelectual ou maior ou menor nivel económico, do mesmo xeito que ocorre co xénero ou a raza. Non se trata de características intrínsecas senón circunstanciais, debidas a unha situación social de desigualdade que impide a grupos con estas características o acceso a determinados bens.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2022 · Pregunta 4.1 · Ordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península