Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Extraordinaria (2022)
Enunciado
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.2.
Sinale a que clase de palabra (categoría gramatical) pertence cada unha das que conforman o seguinte enunciado do texto:
«A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizás si.»
Palabra
Clase de palabra (categoría gramatical)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Clase de palabra de: A
Solución: preposición
Clase de palabra de: Mónica
Solución: nome / substantivo / nome propio
Clase de palabra de: non
Solución: adverbio / adverbio de negación
Clase de palabra de: a
Solución: pronome persoal / pronome
Clase de palabra de: acoitelaron
Solución: verbo
Clase de palabra de: por
Solución: preposición
Clase de palabra de: ser
Solución: verbo
Clase de palabra de: afábel
Solución: adxectivo
Clase de palabra de: ou
Solución: conxunción / conxunción disxuntiva
Clase de palabra de: quizás
Solución: adverbio / adverbio de dúbida
Clase de palabra de: si
Solución: adverbio / adverbio de afirmación
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023 · Pregunta 3 - Gramática · Ordinaria 2022 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3 - Gramática · Ordinaria 2022
- Pregunta 2 (2.1, 2.2) - Gramática · Extraordinaria 2021
- Pregunta 2.1 · Ordinaria 2021