Pregunta 2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

TEXTO

Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.

A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.

O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.

Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)

PREGUNTA 2. Produción textual (sobre o texto de Xesús M. Piñeiro)

Redacte un texto no que exprese a súa opinión persoal sobre o tema do texto. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [2,5 puntos]

Enunciado: Pregunta 2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Redacte un texto no que exprese a súa opinión persoal sobre o tema do texto. (Extensión aprox. 200-250 palabras)

Solución: Texto de opinión persoal argumentado, estruturado en parágrafos (introdución, corpo argumentativo e conclusión), con riqueza léxica, cohesión axeitada e corrección gramatical e ortográfica.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 2 · Ordinaria 2023 · Pregunta 2 · Ordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto