Pregunta 3 - Morfoloxía e léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2022
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Extraordinaria (2022)
Enunciado
TEXTO
Mónica Marcos era muller, tiña 52 anos e foi asasinada, presuntamente, pola súa parella. Mónica tiña 2 fillos e rexentaba unha panadería no barrio coruñés do Birloque. Unha veciña afábel, atenta; unha persoa "marabillosa", segundo a describían onte, ao saber do asasinato, veciños e veciñas.
A Mónica non a acoitelaron por ser afábel, ou quizais si. Nin por ser atenta, ter 52 anos, ser nai de 2 fillos ou rexentixar unha panadería. Ou quizais pode que tamén a matasen por todo iso. Mais a Mónica asasinárona por ser muller. Non é unha novidade. As cifras do feminicidio e da violencia machista están aí para quen non queira fechar os ollos.
O presunto asesino, a parella de Mónica, tiña antecedentes por violencia de xénero en relación a outras 2 mulleres. Un dato que, por arte de maxia, nunca falta quen o empregue para deitar sospeitas ou culpabilizar a propia vítima. En vez de empregalo para nos preguntar até que punto os machistas con antecedentes manteñen a súa rutina, a súa vida, a súa normalidade. Normalidade, esa é a palabra que nos debería aterrar.
Xesús M. Piñeiro. Nós Diario (17/09/2021)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Xesús M. Piñeiro)
3.1.
Segmente morfoloxicamente estas palabras do texto e indique o tipo de cada morfema, así como o significado que acheguen os morfemas derivativos e flexivos: acoitelaron, matasen, feminicidio, culpabilizar. [1 punto]
3.3.
Indique catro palabras que pertenzan ao mesmo campo semántico que panadaría e cal é o hiperónimo correspondente. [0,5 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.1. Segmentación morfolóxica de: acoitelaron
Solución: a- (prefixo) / coitel- (lexema) / -a- (vogal temática) / -ron (morfema flexivo de número e persoa)
3.1. Segmentación morfolóxica de: matasen
Solución: mat- (lexema ou raíz) / -a- (vogal temática) / -se- (morfema flexivo de modo e tempo) / -n (morfema flexivo de número e persoa)
3.1. Segmentación morfolóxica de: feminicidio
Solución: fémina- ou femin- (lexema) / -icidio (sufixo derivativo)
3.1. Segmentación morfolóxica de: culpabilizar
Solución: culp- (lexema) / -a- (vogal temática) / -bil- (sufixo derivativo) / -iz- (sufixo) / -a- (vogal temática) / -r (morfema flexivo de infinitivo)
3.3. Indique catro palabras que pertenzan ao mesmo campo semántico que panadaría
Solución: carnizaría, peixaría, froitaría, libraría (tamén zapataría, xoiaría, ferraxaría...)
3.3. Cal é o hiperónimo correspondente a panadaría e aos outros termos?
Solución: comercio / tenda / establecemento comercial
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 1 - Léxico · Extraordinaria 2022 · Pregunta 1 - Léxico · Ordinaria 2022 ›
Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
- Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 1 - Léxico · Extraordinaria 2022
- Pregunta 1 - Léxico · Ordinaria 2022
- Pregunta 1 (1.3) - Léxico · Extraordinaria 2021
- Pregunta 2.2 e 2.3 · Ordinaria 2021