Todos los exámenes de Selectividad 2026 de todas las comunidades

Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2026 · Extraordinaria

Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2026, Extraordinaria (julio): 6 problemas con solución. Gratis.

Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Tipoloxía textual e cohesión · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Fonética e fonoloxía do galego · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Resumo, tema e estrutura do texto

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto. Extensión aproximada: 60 palabras. [1,25 puntos]

Ejercicio 1.2 - Tipoloxía textual · Tipoloxía textual e cohesión

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

1.2. Indique e explique se o texto anterior é descritivo, narrativo ou expositivo-argumentativo. Xustifique a súa resposta con, como mínimo, tres exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 50 palabras. [1 punto]

Ejercicio 1.3 - Léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

1.3. Explique o significado dos seguintes termos resaltados en letra grosa no texto. (Non serán válidas as respostas que unicamente indiquen sinónimos): procesamento, algoritmos, idealizar, desinformación, homoxeneización. [1 punto]

a)

b)

c)

d)

e)

Ejercicio 2.1 · Fonética e fonoloxía do galego

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra cursiva no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: galego, reto, fóra, poderosa, somos. [1,25 puntos]

Palabra · Abertura da vogal tónica

()

Ejercicio 2.2 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

2.2. Determine a que clase de palabra pertencen os seguintes termos subliñados no texto. Localice, para cada caso, outras dúas palabras da mesma categoría gramatical e indique a liña na que se atopan: porque, enormes, para, nosa, tamén. (1,25 puntos)

Termo: porque

Termo: enormes

Termo: para

Termo: nosa

Termo: tamén

Ejercicio 3.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

3.1. A partir do escrito de Fernando Suárez, redacte un texto de opinión centrado na importancia dos medios de comunicación e das redes sociais no proceso de normalización lingüística do galego. O texto deberá contar con: breve introdución, corpo de argumentación (dous argumentos como mínimo) e conclusión. Extensión aproximada: 150 palabras. [1,25 puntos contido + 0,25 corrección = 1,5 puntos]

Ejercicio 3.2 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

3.2. Redacte un texto de opinión centrado na riqueza cultural, social, histórica e patrimonial que supón a diversidade de idiomas existentes na Península Ibérica. O texto deberá contar con: breve introdución, corpo de argumentación (dous argumentos como mínimo) e conclusión. Extensión aproximada: 150 palabras. [1,25 puntos contido + 0,25 corrección = 1,5 puntos]

Ejercicio 4.1 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).

Realice só un destes dous comentarios:

4.1. Este relato de Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Santiago de Compostela, 1981) forma parte do libro Dos arquivos do trasno (1926). Relacione o texto, brevemente, co conxunto da escrita do autor e coa narrativa do seu tempo. Indique o tema central do relato, describa que tipo de narrador presenta e explique a súa estrutura. Xustifique as respostas axudándose de exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 200 palabras. [2,25 puntos; 0,75 puntos adicionais por corrección e propiedades textuais]

Sobre da morte de Bieito

Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entonces non podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino!... Como a teimosa pavulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel mainiño rebulir.

Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto —comprendede, escoitade— non podía, non debía dicir nada. (...)

Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do ataúde, rubíronme ata a gorxa as verbas salvadoras... Estiveron a punto de xurdiren. Mais entonces acudiu novamente ó meu maxín a case seguranza do arrepiante ridículo, da rabia da familia defraudada, se o Bieito se atopaba morto e ben morto. (...)

Todo o día, meus amigos, andei tolo de remorsos. Vía ó pobre Bieito grafiñando as táboas nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidade, dos enterrados en vida. (...)

E alá pola alta noite —non o puiden evitar— funme camiño do camposanto, coa solapa subida, ó arrimo dos muros.

Cheguei. (...) Deiteime no chan, apliquei a orella, e axiña o que oín xioume o sangue. No seo da terra as unllas desesperadas rabuñaban as táboas. ¿Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho... Ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entonces si que sería absurda, tola, a miña presencia alí, daquelas horas e cun sacho na man.

¿Ía dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?

E fuxín coa solapa subida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe.

Rafael Dieste, “Sobre da morte de Bieito”, Dos arquivos do trasno (1926)

Ejercicio 4.2 · Literatura galega desde 1975 ata hoxe

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).

Realice só un destes dous comentarios:

4.2. Este poema de Marica Campo (O Inicio, 1948), escrito en xullo de 2001, pertence á obra Mulleres (2002). Relacione o texto, brevemente, coa poesía do seu tempo. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto, sinale o tipo de composición lírica ao que pertence describindo as súas características métricas e comente tres figuras retóricas presentes nel. Extensión aproximada: 200 palabras. [2,25 puntos; 0,75 puntos adicionais por corrección e propiedades textuais]

Lapidadas

Como ovellas que van ao matadeiro

camiñades a serdes lapidadas

en reas, silenciosas e humilladas,

baixo a mirada atenta do carneiro.

Que o voso sangue sexa o derradeiro

a mollar esas terras magoadas

polo integrismo cruel, polas brigadas

dunha fe que vos nega todo abeiro.

¡Maldita sexa a man que tira a pedra!

¡Maldito na semente e no futuro

o nome dos que erguen ese muro

sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra

nai piadosa a cubrilas, nai que medra

a reclamar a vida en berro puro!

Marica Campo, Mulleres (2002)

También puedes estudiar por temas

Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.

Ver los 11 temas

Otras convocatorias de 2026

Ordinaria (2026)