Todos los exámenes de Selectividad 2023 de todas las comunidades
Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2023 · Ordinaria
Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2023, Ordinaria (junio): 7 problemas con solución. Con corrección al momento.
Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Tipoloxía textual e cohesión · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
Pregunta 1.1 · Resumo, tema e estrutura do texto
PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Rexina Vega
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
1.1. Indique en dúas liñas como máximo o tema do texto. [0,5 puntos]
Pregunta 1.2 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

1.2. Explique o significado que teñen no texto as seguintes expresións: “froita con becho”, “simulacro”, “espazo residencial”, “frankestein sociolóxico”. Non son válidas as respostas só con sinónimos. [1 punto]
a)
b)
c)
d)
Pregunta 1.3 · Tipoloxía textual e cohesión
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
1.3. Localice no texto dous conectores distintos e indique o tipo. Propoña en cada caso outro conector de significado similar. (1 punto)
1.
2.
Pregunta 2 · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto
PREGUNTA 2. Produción textual (sobre o texto de Rexina Vega)
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
2. Redacte un texto no que exprese as súas preferencias polo tipo de lugar e vivenda para residir, aducindo os motivos das súas eleccións. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [2,5 puntos]
Pregunta 3.1 e 3.3 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Rexina Vega)
3.1.
Analice morfolóxica e sintacticamente as catro formas que subliñadas no texto. Copie e identifique o tipo de cláusula ou oración que cada unha delas introduce. [1 punto]
3.3.
Localice no texto dúas perífrases verbais, cada unha dun tipo distinto. Copie o enunciado no que aparecen e indique o tipo e valor concreto de cada unha. [0,5 puntos]
Pregunta 3.2 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Rexina Vega)
3.2.
Indique cinco palabras que pertenzan ao campo semántico de casa e outras cinco ao campo semántico dos paxaros (non é preciso que aparezan no texto). [1 punto]
Pregunta 4.1 · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros
PREGUNTA 4. Lingua e sociedade
Escolla un dos dous apartados:
4.1.
Localice dous tipos de formas non estándar que aparezan neste texto, extraído de "A nosa fala" (culturagalega.org) e explique brevemente os criterios polos que non son aceptados na variedade normativa. (Ext. aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
Informante: De vrau, ó acabar o curso, normalmente sempre traballo. Este ano tivemos, este ano pasao tuven traballando no, no Servicio de Estinción de Incendios Forestais; o ano pasao, limpiando nas赋值as, e os últimos dous anos na, na costrución. A ver este ano en que lle toca.
Entrevistador: E que facedes no, no das赋值as?
I: Pois limpiar a, sacar a merda que deixaban os turistas o día anterior, e mais o que trae o mar, botes, botellas e as algas. Os botes metíamolos nunha bolsa de plástico e pa papelera. Pero as algas enterrábamolas todas. Despois, ás veces tamén viña unha pala do aiuntamiento, que che, xa che enterraba el todo.
E: Que iba decir eu? Que horario tíñades no da plaia?
I: Ó primeiro empezamos con horario de sete a doce da mañá. Sete había que tar alí. Parábamos ás nove pa tomar o bocadillo. Tíñamos media hora, pero normalmente era unha hora, e ás doce parábamos.
Pregunta 4.2 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
4.2. Analice esta viñeta, utilizando os conceptos técnicos de estereotipo e prexuízo lingüístico. Explique como cambiaron os prexuízos cara ao galego a raíz do proceso de normalización lingüística. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
Pregunta 5 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas
PREGUNTA 5. Educación literaria:
5. Contextualice historicamente o seguinte poema e identifique e analice dúas características literarias do seu autor presentes nel. Indique outros dous poetas desta mesma época pero de movementos literarios diferentes e explique brevemente en que se basea esta diferenza. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!
Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
a Aldea que traballa
disposta pra loitar.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montaña ó mar.
¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!
Xa o fato de caciques,
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.
Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montaña ó val.
Ramón Cabanillas. “Himno de Acción Galega”. Vento mareiro (1915)
Pregunta 6 · Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa
PREGUNTA 6. Educación literaria:
6. Contextualice o texto de X. L. Méndez Ferrín na época e movemento literario correspondente e identifique e explique dúas características representativas da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes deste mesmo período. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
“Iste foi unha merda de día. Naturalmente púxenme vermello ao topar a Eusebia Cons na Ferradura. Ela olloume fixamente, cunha ollada de uranio. Debeulle contar o de onte a tódolos sancristáns e mais tódalas vellas da cidade. Entrei nunha eirexa pra me cerciorar. Botáronme as beatas con ollos de uranio. Hai unha clas de mulleres que teñen ollos de uranio. Cómo será o uranio? Un día distes preguntareillo ao meu pai que foi chaufer do Rector. Xa está. Xa vexo claro. Todo é unha manobra do meu pai. Pra me reventar. Fun dereito á miña habitación. E non había medo ningún. Pero deseguida principiei a ver a mitade das cousas e comezou a doerme a testa. Sabía que algunha cousa ocurrira na habitación porque fedía a chinches. Dende logo non era a causa dos chinches. Sería unha interpretación moi doada. Alí cheiraba ao meu pai. O meu pai estivera na habitación e fumara os meus pitos e andivera metendo o fuciño nos caixóns e probablemente descobrira aquelas roupas íntimas de muller, brancas e puras, que eu merquei un día. Acendéronseme as cores de vergoña profunda. Meu pai descubrírame o segredo. Meu pai sabía xa, ou supuña, que eu acostumaba a beixar, en soedade, aquelas prendas. Sobre todo cando levaba chovendo máis dunha semana. Ou cando viña de me amputar un dedo. Metín a testa embaixo do cabezal e sudei vermello, vermello.”
X. L. Méndez Ferrín. “Diario”. O crepúsculo e as formigas (1961).
También puedes estudiar por temas
Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.
- Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · 17 problemas · 85 % de que salga
- Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · 15 problemas · 85 % de que salga
- Resumo, tema e estrutura do texto · 11 problemas · 85 % de que salga
- Literatura galega desde 1975 ata hoxe · 9 problemas · 80 % de que salga
- Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · 16 problemas · 75 % de que salga
- Tipoloxía textual e cohesión · 7 problemas · 75 % de que salga