Pregunta 1.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2023)

Enunciado

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Rexina Vega

TEXTO

Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.

Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.

Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).

1.2. Explique o significado que teñen no texto as seguintes expresións: “froita con becho”, “simulacro”, “espazo residencial”, “frankestein sociolóxico”. Non son válidas as respostas só con sinónimos. [1 punto]

a)

b)

c)

d)

Enunciado: Pregunta 1.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Significado no texto de “froita con becho”

Solución: Un produto inmobiliario con defectos ou pouco apetecible; vivenda que perde valor de mercado ao non cumprir os novos desexos (balcón, luz) esixidos tras o confinamento.

Significado no texto de “simulacro”

Solución: Imitación ou ficción da vida tradicional na aldea; finxir que se pertence e se habita o rural sen asumir a súa cultura nin os seus vencellos comunitarios.

Significado no texto de “espazo residencial”

Solución: Zona ou urbanización concibida só para habitar ou durmir, sen tecido social, comunitario nin produtivo propio.

Significado no texto de “frankestein sociolóxico”

Solución: Creación híbrida, artificial e desartellada formada por elementos contrapostos (costumes urbanos transplantados ao rural) que non logra conformar unha comunidade con cohesión.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023 · Pregunta 3.2 · Ordinaria 2023 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras