Todos los exámenes de Selectividad 2021 de todas las comunidades

Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2021 · Ordinaria

Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2021, Ordinaria (junio): 5 problemas con solución. Con corrección al momento.

Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

Pregunta 1 · Resumo, tema e estrutura do texto

TEXTO

A perfección non existía.

De quen era a culpa de que ela non fose perfecta?

Non obstante, os seus seguidores non tiñan por que sabelo, Bieito sempre llo dicía. O que comezara como unha simple diversión había sete anos, colgando fotos súas nas redes co modeliño que levar tal ou cal día, agora era un traballo profesional pagado con centos e mesmo miles de euros por imaxe subida, se o patrocinador era potente. Nunca tivera as cifras moi claras; esas cousas sempre as levara el. O único que sabía era que ía case polo medio millón de seguidores.

Colleu o móbil do estante e mergullouse na nata artificial, tapando os puntos estratéxicos do corpo. Aquí vese demasiado, aquí demasiado pouco. Así. Estirou o brazo e sorriu de xeito suxerinte. Había moito tempo que non se fotografaba polo simple pracer de facelo, sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito. Fotógrafa, perruqueira, maquilladora... Había que darlle unha imaxe máis sofisticada ao blog, dicía el.

Puxo a cámara interna. As imperfeccións non tiñan importancia se ninguén sabía delas. Se medio millón de persoas dicían que eras perfecta, tanto tiña como te vises ti.

Sacou a foto e subiuna ao blog de inmediato. Seguramente algún diría que o fixera para anunciar a máscara de pestanas que provocaba a súa sensual caída de pálpebras, ou a pasta dentífrica branqueadora que facía que a perfecta dentadura reflectise a luz do flash. Mellor que pensasen iso que o que realmente se agochaba detrás: que deixara de ter control sobre a súa propia vida e que aquela pequena falcatruada lle lembraba que aínda podía facer algunha que outra cousa sen pedir permiso.

Antía Yáñez. Senlleiras.

PREGUNTA 1. Comprensión do texto

1.1.

Indique nunha liña como máximo o tema do texto. [0,5 puntos]

1.2.

Elabore un resumo do texto no que recolla as súas ideas principais. [1 punto]

1.3.

Propoña un adxectivo para describir a protagonista do texto e outro para describir a Bieito. Escolla un enunciado concreto do texto para xustificar a súa proposta. [1 punto]

Pregunta 2.1 · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas

TEXTO

A perfección non existía.

De quen era a culpa de que ela non fose perfecta?

Non obstante, os seus seguidores non tiñan por que sabelo, Bieito sempre llo dicía. O que comezara como unha simple diversión había sete anos, colgando fotos súas nas redes co modeliño que levar tal ou cal día, agora era un traballo profesional pagado con centos e mesmo miles de euros por imaxe subida, se o patrocinador era potente. Nunca tivera as cifras moi claras; esas cousas sempre as levara el. O único que sabía era que ía case polo medio millón de seguidores.

Colleu o móbil do estante e mergullouse na nata artificial, tapando os puntos estratéxicos do corpo. Aquí vese demasiado, aquí demasiado pouco. Así. Estirou o brazo e sorriu de xeito suxerinte. Había moito tempo que non se fotografaba polo simple pracer de facelo, sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito. Fotógrafa, perruqueira, maquilladora... Había que darlle unha imaxe máis sofisticada ao blog, dicía el.

Puxo a cámara interna. As imperfeccións non tiñan importancia se ninguén sabía delas. Se medio millón de persoas dicían que eras perfecta, tanto tiña como te vises ti.

Sacou a foto e subiuna ao blog de inmediato. Seguramente algún diría que o fixera para anunciar a máscara de pestanas que provocaba a súa sensual caída de pálpebras, ou a pasta dentífrica branqueadora que facía que a perfecta dentadura reflectise a luz do flash. Mellor que pensasen iso que o que realmente se agochaba detrás: que deixara de ter control sobre a súa propia vida e que aquela pequena falcatruada lle lembraba que aínda podía facer algunha que outra cousa sen pedir permiso.

Antía Yáñez. Senlleiras.

PREGUNTA 2. Lingua e gramática

2.1. Analice sintacticamente: Nunca tivera as cifras moi claras. [1 punto]

Pregunta 2.2 e 2.3 · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras

2.2. Segmente morfoloxicamente e indique o valor de cada morfema: seguidores, artificial, imperfeccións, branqueadora. [1 punto]

2.3. Localice no texto tres palabras pertencentes ao mesmo campo semántico. Indique se aparece tamén o seu hiperónimo e, de non ser así, propoña un. [0,5 puntos]

Pregunta 3 · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto

TEXTO

A perfección non existía.

De quen era a culpa de que ela non fose perfecta?

Non obstante, os seus seguidores non tiñan por que sabelo, Bieito sempre llo dicía. O que comezara como unha simple diversión había sete anos, colgando fotos súas nas redes co modeliño que levar tal ou cal día, agora era un traballo profesional pagado con centos e mesmo miles de euros por imaxe subida, se o patrocinador era potente. Nunca tivera as cifras moi claras; esas cousas sempre as levara el. O único que sabía era que ía case polo medio millón de seguidores.

Colleu o móbil do estante e mergullouse na nata artificial, tapando os puntos estratéxicos do corpo. Aquí vese demasiado, aquí demasiado pouco. Así. Estirou o brazo e sorriu de xeito suxerinte. Había moito tempo que non se fotografaba polo simple pracer de facelo, sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito. Fotógrafa, perruqueira, maquilladora... Había que darlle unha imaxe máis sofisticada ao blog, dicía el.

Puxo a cámara interna. As imperfeccións non tiñan importancia se ninguén sabía delas. Se medio millón de persoas dicían que eras perfecta, tanto tiña como te vises ti.

Sacou a foto e subiuna ao blog de inmediato. Seguramente algún diría que o fixera para anunciar a máscara de pestanas que provocaba a súa sensual caída de pálpebras, ou a pasta dentífrica branqueadora que facía que a perfecta dentadura reflectise a luz do flash. Mellor que pensasen iso que o que realmente se agochaba detrás: que deixara de ter control sobre a súa propia vida e que aquela pequena falcatruada lle lembraba que aínda podía facer algunha que outra cousa sen pedir permiso.

Antía Yáñez. Senlleiras.

PREGUNTA 3. Produción textual

Redacte un texto no que exprese a súa opinión sobre o tema do que trata Antía Yáñez neste fragmento da súa obra Senlleiras. (Extensión aprox. 200-250 palabras) [2,5 puntos]

Texto entregado. Comproba a túa redacción cos criterios oficiais de avaliación.

Pregunta 4.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

PREGUNTA 4. Lingua e sociedade. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

4.1.

O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais, contexto histórico e situación sociolingüística. (Extensión aprox. 200-250 palabras) (2,5 puntos)

Pregunta 4.2 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península

PREGUNTA 4. Lingua e sociedade. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

4.2.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos. (Extensión aprox. 200-250 palabras) (2,5 puntos)

Pregunta 5.1 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 5. Literatura. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

5.1.

A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. (Extensión aprox. 400 palabras) (2,5 puntos)

Pregunta 5.2 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 5. Literatura. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

5.2.

A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas. (Extensión aprox. 400 palabras) (2,5 puntos)

Pregunta 6.1 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 6. Literatura. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

6.1. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo). (Extensión aprox. 400 palabras) [2,5 puntos]

Pregunta 6.2 · Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas

PREGUNTA 6. Literatura. Escolla e desenvolva un dos dous apartados:

6.2. O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. (Extensión aprox. 400 palabras) [2,5 puntos]

También puedes estudiar por temas

Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.

Ver los 11 temas

Otras convocatorias de 2021

Extraordinaria (2021)