Todos los exámenes de Selectividad 2024 de todas las comunidades
Examen de Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia 2024 · Ordinaria
Examen de Lingua Galega e Literatura II de Selectividad de Galicia (PAU/ABAU) 2024, Ordinaria (junio): 6 problemas con solución. Con corrección al momento.
Temas del examen: Resumo, tema e estrutura do texto · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · Literatura galega desde 1975 ata hoxe
Ejercicio 1 - Resumo e tema · Resumo, tema e estrutura do texto
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 1. Comprensión de texto
1.1.
Indique o tema do texto en dúas liñas como máximo. (0,5 puntos)
1.2.
Elabore un breve resumo coa información máis relevante do texto. (1 punto)
Ejercicio 1 - Léxico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 1. Comprensión de texto
1.3. Explique o significado que teñen no texto as seguintes palabras: recolleitas, crenza, xurdiu, caveiras. Non son válidas as respostas só con sinónimos. (1 punto [0,25 por palabra ben definida])
Problema 2 · Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 2. Produción textual
Redacte un texto en que exprese a súa opinión sobre a celebración do Samaín, Todos os Santos ou Halloween e a concepción da morte na sociedade actual. *Extensión aproximada: 250 palabras. (2,5 puntos)
Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.1.
Indique se os catro infinitivos indicados en letra grosa poden ser conxugados e explique por que; en caso positivo, escriba a oración resultante. (1 punto: 0,4 se están ben indicados + 0,4 se están ben explicados + 0,2 pola oración resultante correcta)
Os infinitivos en letra grosa no texto son: comer, xurdir (no texto: 'Xurdiu hai...'), acender, queimar.
3.2.
“Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos”. Indique a categoría gramatical da palabra subliñada e constrúa dúas oracións máis con ela. Ademais, outras dúas coa secuencia se non, da cal tamén ten que indicar de que tipo de palabras está composta. (1 punto: 0,2 ptos por cada categoría ben expresada [x3] + 0,1 x 4 polos exemplos)
Ejercicio 3 - Campo semántico · Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
3.3. Localice no texto cinco palabras pertencentes ao mesmo campo semántico. [0,5 puntos]
Pregunta 4.1 · Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
4.1. Analice esta viñeta e explique por que existen diferentes actitudes na aprendizaxe segundo as linguas e cal é o papel dos neofalantes na normalización da lingua galega. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]
Pregunta 4.2 · Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros
4.2. A partir desta transcrición do Arquivo do Galego Oral, xustifique o bloque dialectal que lle corresponde e identifique os trazos que lle permiten caracterizalo como tal. Ademais, localice como mínimo catro formas non estándares e diga a que tipo pertencen. *Extensión aprox.: 250 palabras. [2,5 puntos]
O Liseo falábame a min o..., en paz estea o..., o abuelo; i-el claro, como eramos novios, pos il quiría que..., que non morrese na guerra, que viñese pa casarse cumigo e dixo, dixo: “Pos eu voume, eu voume pra que veñ'o Ghesús.” E díxenll'eu: “Non vaias, Liseo, non vaias que o que está de Dios á casa ha de vire. Tu non, non vaias.” E dixo: “Si, si, si que me marcho, si que me marcho” E marchouse vuluntario. E logo despois, a aviación, pois, matouno. Viñan ca xente, e... sacábanos por elí e matábanos nos camiños e nas devesas. Ás noites viñan... ¡boeno! ¡O abuelo das Fontes cantas veces lle deu pan!: “Tomai, tomai o pan e marchaivos.”
Problema 5 · Literatura galega desde 1975 ata hoxe
PREGUNTA 5. Educación literaria
Contextualice o texto na época literaria correspondente e explique a relevancia da narrativa infantil e xuvenil no sistema literario galego; cite como mínimo outros dous narradores con cadansúa obra. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]
R. Foi Ana, que ten alma de bruxa pero tamén alma de humana, quen deu coa clave que necesitabamos. Lembro ben a tarde en que me formulou a cuestión decisiva: “¿E por que ten que haber unha contradicción entre as dúas cousas? Quizais se pode ser bruxo e estar plenamente integrado entre os humanos”.
P. E foi entón cando decidiron que...
R. Efectivamente. A contradicción só se pedía resolver cun cambio de rumbo imaxinativo. O oficio de bruxo estaba nun total desprestixio. Vostede cre que se pode andar, na época de televisión e dos ordenadores, con coceduras de sapo e ungüentos de cogomelo velenoso? Iso fai lembrar un pasado que a xente desexa esquecer. ¡Había que enmascarar a bruxería coas apariencias que á sociedade lle gustaban! ¡Adaptarse ós novos tempos, non deixar escapar o tren da modernidade! Así foi como os dous fixemos un máster na School of Big Business e, de seguido, abrimos o nos primeiro despacho.
Agustín Fernández Paz. Contos por palabras. 2002
Problema 6 · Literatura galega desde 1975 ata hoxe
PREGUNTA 6. Educación literaria
Analice as características máis representativas deste poema. Contextualíceo historicamente e indique outras dúas voces poéticas da mesma época, con cadansúa obra. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]
En soneto de sons que soan sendo
a melodia do que eu son na eséncia
inconsciente de ser, unha preséncia
sen máis sentido que soar sabendo,
a monodia do viver entendo,
fluindo como o son, en transcendéncia,
improvisado ritual, auséncia
no eco que a memória vai perdendo.
Número e canto, necensária via
por que ascendo as escadas, se afastasen
a razón da intuición que o ritmo cria,
e transgrido a palabra, se soasen
outras voces que o sentido ouviría
cando os sons da sua música calasen.
Luísa Villalta, Música reservada (1991)
También puedes estudiar por temas
Practica un tema con ejercicios de los exámenes de todos los años, mezclados.
- Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · 17 problemas · 85 % de que salga
- Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · 15 problemas · 85 % de que salga
- Resumo, tema e estrutura do texto · 11 problemas · 85 % de que salga
- Literatura galega desde 1975 ata hoxe · 9 problemas · 80 % de que salga
- Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · 16 problemas · 75 % de que salga
- Variedades do galego: dialectos, estándar, sociolectos e rexistros · 8 problemas · 70 % de que salga