Pregunta 1.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Ordinaria (2023)

Enunciado

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Rexina Vega

TEXTO

Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.

Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.

Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).

1.1. Indique en dúas liñas como máximo o tema do texto. [0,5 puntos]

Enunciado: Pregunta 1.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.1. Indique en dúas liñas como máximo o tema do texto.

Solución: A reflexión crítica sobre a idealización do rural fronte á realidade dos novos residentes urbanos / O modelo residencial híbrido e a perda de comunidade na contorna rural tras a pandemia.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 1.1 - Resumo · Extraordinaria 2023 · Pregunta 1 - Resumo e tema · Ordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto