Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Ordinaria (2023)

Enunciado

PREGUNTA 5. Educación literaria:

5. Contextualice historicamente o seguinte poema e identifique e analice dúas características literarias do seu autor presentes nel. Indique outros dous poetas desta mesma época pero de movementos literarios diferentes e explique brevemente en que se basea esta diferenza. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!

Dende Ortegal ó Miño

a folla do fouciño

fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,

coveira da canalla,

a Aldea que traballa

disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra o sangue a regos

dende a montaña ó mar.

¡Ergámonos sin medo!

¡Que o lume da toxeira

envolva na fogueira

o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,

ladróns e herexes fuxe

ó redentor empuxe

da alma rexional.

Antes de ser escravos,

¡irmáns, irmáns galegos!

que corra o sangue a regos

dende a montaña ó val.

Ramón Cabanillas. “Himno de Acción Galega”. Vento mareiro (1915)

Enunciado: Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

5. Contextualice historicamente o seguinte poema e identifique e analice dúas características literarias do seu autor presentes nel. Indique outros dous poetas desta mesma época pero de movementos literarios diferentes e explique brevemente en que se basea esta diferenza. (Extensión aprox. 250 palabras)

Solución: Contextualización histórica do agrarismo e Acción Galega (1 punto); identificación e análise de dúas características literarias de Cabanillas (1 punto: 0,5 puntos cada unha); e indicación de dous poetas coetáneos de movementos diferentes con explicación da diferenza (0,5 puntos en total: 0,25 puntos cada un; se só se citan os nomes, 0,15 puntos cada un).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 5 · Extraordinaria 2023 · Pregunta 5 · Extraordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas