Pregunta 3.1 e 3.3 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2023)

Enunciado

TEXTO

Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.

Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.

Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).

PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Rexina Vega)

3.1.

Analice morfolóxica e sintacticamente as catro formas que subliñadas no texto. Copie e identifique o tipo de cláusula ou oración que cada unha delas introduce. [1 punto]

3.3.

Localice no texto dúas perífrases verbais, cada unha dun tipo distinto. Copie o enunciado no que aparecen e indique o tipo e valor concreto de cada unha. [0,5 puntos]

Enunciado: Pregunta 3.1 e 3.3 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

3.1. Primeiro «que» (liña 2): «tamén aquela á que non lle toca a luz do sol.»

Solución: Pronome relativo. Función sintáctica: CI (ou termo do sintagma preposicional «á que» que funciona como CI). Introduce unha cláusula ou oración subordinada de relativo / adxectiva.

3.1. Segundo «que» (liña 2): «Esas cousas, que sempre importaron...»

Solución: Pronome relativo. Función sintáctica: Suxeito. Introduce unha cláusula ou oración subordinada de relativo / adxectiva (explicativa).

3.1. Terceiro «que» (liña 8): «da impostura deste rural que estamos construíndo.»

Solución: Pronome relativo. Función sintáctica: CD (Complemento Directo). Introduce unha cláusula ou oración subordinada de relativo / adxectiva (especificativa).

3.1. Cuarto «que» (liña 17): «sabemos ben que habitamos un espazo híbrido...»

Solución: Conxunción (subordinante). Función sintáctica: Nexo (sen función oracional interna). Introduce unha cláusula ou oración subordinada substantiva / completiva (en función de CD).

3.3. Primeira perífrase verbal: localización, tipo e valor

Solución: «estamos construíndo»: perífrase aspectual imperfectiva, durativa (acción en desenvolvemento ou non acabada). / Outra perífrase válida do texto.

3.3. Segunda perífrase verbal: localización, tipo e valor (dun tipo distinto á primeira)

Solución: «(cidade-xardín, pero que) non chegou nunca a implementarse»: chegar a + infinitivo, perífrase aspectual terminativa ou resultativa (culminación dun proceso, aquí negada). / «como moitas de nós fixemos e continuamos facendo»: continuar + xerundio, perífrase aspectual continuativa ou durativa (acción que persiste), se a primeira escollida non é tamén durativa. / Outra perífrase do texto dun tipo distinto á primeira.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023 · Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas