Pregunta 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023
Tema: Literatura galega de 1936 a 1975: posguerra e Nova Narrativa · Del examen Ordinaria (2023)
Enunciado
PREGUNTA 6. Educación literaria:
6. Contextualice o texto de X. L. Méndez Ferrín na época e movemento literario correspondente e identifique e explique dúas características representativas da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes deste mesmo período. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]
“Iste foi unha merda de día. Naturalmente púxenme vermello ao topar a Eusebia Cons na Ferradura. Ela olloume fixamente, cunha ollada de uranio. Debeulle contar o de onte a tódolos sancristáns e mais tódalas vellas da cidade. Entrei nunha eirexa pra me cerciorar. Botáronme as beatas con ollos de uranio. Hai unha clas de mulleres que teñen ollos de uranio. Cómo será o uranio? Un día distes preguntareillo ao meu pai que foi chaufer do Rector. Xa está. Xa vexo claro. Todo é unha manobra do meu pai. Pra me reventar. Fun dereito á miña habitación. E non había medo ningún. Pero deseguida principiei a ver a mitade das cousas e comezou a doerme a testa. Sabía que algunha cousa ocurrira na habitación porque fedía a chinches. Dende logo non era a causa dos chinches. Sería unha interpretación moi doada. Alí cheiraba ao meu pai. O meu pai estivera na habitación e fumara os meus pitos e andivera metendo o fuciño nos caixóns e probablemente descobrira aquelas roupas íntimas de muller, brancas e puras, que eu merquei un día. Acendéronseme as cores de vergoña profunda. Meu pai descubrírame o segredo. Meu pai sabía xa, ou supuña, que eu acostumaba a beixar, en soedade, aquelas prendas. Sobre todo cando levaba chovendo máis dunha semana. Ou cando viña de me amputar un dedo. Metín a testa embaixo do cabezal e sudei vermello, vermello.”
X. L. Méndez Ferrín. “Diario”. O crepúsculo e as formigas (1961).

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
6. Contextualice o texto de X. L. Méndez Ferrín na época e movemento literario correspondente e identifique e explique dúas características representativas da súa narrativa, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes deste mesmo período. (Extensión aprox. 250 palabras)
Solución: Contextualización na época (0,5 puntos) e no movemento literario da Nova Narrativa (0,5 puntos); dúas características con exemplos do texto (1 punto: 0,5 puntos cada unha); dúas obras e autores representativos deste período explicados brevemente (0,5 puntos: 0,25 puntos cada un).
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 6 · Extraordinaria 2024 · Pregunta 6 · Extraordinaria 2022 ›