Pregunta 3.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2023
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2023)
Enunciado
TEXTO
Unha casa sen balcón é hoxe en día unha froita con becho no mercado inmobiliario, tamén aquela á que non lle toca a luz do sol. Esas cousas, que sempre importaron, agora importan moito máis e, diante da ameza dun novo confinamento ou unha nova pandemia, a xente quere terra que pisar. Con todo, eu, que vivo xa na aldea, que decidín hai ben de anos ter espazo e luz e terra abonda, non sei ben que pensar. Porque para min o período de confinamento fíxome reflexionar tamén sobre ese modelo de cidade difusa, de améndoa de núcleo urbano no que moitas de nós nos embarcamos alá polos finais dos noventa e a primeira década dos dousmil. Decateime, neses días cara adentro, eses días de ocupar con plena consciencia o espazo doméstico, da impostura deste rural que estamos construíndo.
Para min, de procedencia urbana, o campo, a natureza, foi sempre, antes que nada, paisaxe. Eu o que quería era vivir nunha contorna fermosa, alimentarme da beleza malia non saberlle o nome aos paxaros nin as herbas, non ter nin idea dos ciclos lunares nin das épocas de semente e de colleita. Tampouco me importaba saber moito sobre a veciñanza, nin a igrexa nin os santos, nin as familias nin as súas historias, esas manchas de aceite que perviven e trazan mapas invisibles. Habitar a aldea como moitas de nós fixemos e continuamos facendo é un simulacro, un coma quen. Porque, en realidade, a présa, a impersonalidade, o individualismo trouxémolos canda nós ao vir habitar aquí. Vivimos na aldea como se vivísemos nun espazo residencial, nun barrio desa cousa que se denominou cidade-xardín, pero que, é importante subliñalo, non chegou nunca a implementarse de verdade. Os que vivimos na contorna rural das grandes cidades galegas sabemos ben que habitamos un espazo híbrido, un frankestein sociolóxico, que non é quen de crear un concepto cabal de comunidade.
Rexina Vega. Tempos Novos. 10/02/2021 (adaptación).
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Rexina Vega)
3.2.
Indique cinco palabras que pertenzan ao campo semántico de casa e outras cinco ao campo semántico dos paxaros (non é preciso que aparezan no texto). [1 punto]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.2. Indique cinco palabras que pertenzan ao campo semántico de casa (0,1 cada palabra correcta)
Solución: Exemplos válidos (hipónimos ou partes): dormitorio, cociña, baño, tellado, fiestra, porta... / (cohipónimos): piso, apartamento, chalé, vivenda, morada...
3.2. Indique cinco palabras que pertenzan ao campo semántico dos paxaros (0,1 cada palabra correcta)
Solución: Exemplos válidos (especies): andoriña, paspallás, gaivota, pardal, merlo, xílgaro... / (partes anatómicas): peteiro, á, pluma, pata, niño...
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023 · Pregunta 1 - Léxico · Extraordinaria 2022 ›
Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
- Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Campo semántico · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 1 - Léxico · Extraordinaria 2022
- Pregunta 3 - Morfoloxía e léxico · Extraordinaria 2022
- Pregunta 1 - Léxico · Ordinaria 2022
- Pregunta 1 (1.3) - Léxico · Extraordinaria 2021
- Pregunta 2.2 e 2.3 · Ordinaria 2021