Ejercicio 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026

Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Extraordinaria (2026)

Enunciado

PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).

Realice só un destes dous comentarios:

4.1. Este relato de Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Santiago de Compostela, 1981) forma parte do libro Dos arquivos do trasno (1926). Relacione o texto, brevemente, co conxunto da escrita do autor e coa narrativa do seu tempo. Indique o tema central do relato, describa que tipo de narrador presenta e explique a súa estrutura. Xustifique as respostas axudándose de exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 200 palabras. [2,25 puntos; 0,75 puntos adicionais por corrección e propiedades textuais]

Sobre da morte de Bieito

Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entonces non podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino!... Como a teimosa pavulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel mainiño rebulir.

Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto —comprendede, escoitade— non podía, non debía dicir nada. (...)

Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do ataúde, rubíronme ata a gorxa as verbas salvadoras... Estiveron a punto de xurdiren. Mais entonces acudiu novamente ó meu maxín a case seguranza do arrepiante ridículo, da rabia da familia defraudada, se o Bieito se atopaba morto e ben morto. (...)

Todo o día, meus amigos, andei tolo de remorsos. Vía ó pobre Bieito grafiñando as táboas nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidade, dos enterrados en vida. (...)

E alá pola alta noite —non o puiden evitar— funme camiño do camposanto, coa solapa subida, ó arrimo dos muros.

Cheguei. (...) Deiteime no chan, apliquei a orella, e axiña o que oín xioume o sangue. No seo da terra as unllas desesperadas rabuñaban as táboas. ¿Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho... Ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entonces si que sería absurda, tola, a miña presencia alí, daquelas horas e cun sacho na man.

¿Ía dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo?

E fuxín coa solapa subida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe.

Rafael Dieste, “Sobre da morte de Bieito”, Dos arquivos do trasno (1926)

Enunciado: Ejercicio 4.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

4.1. Este relato de Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Santiago de Compostela, 1981) forma parte do libro Dos arquivos do trasno (1926). Relacione o texto, brevemente, co conxunto da escrita do autor e coa narrativa do seu tempo. Indique o tema central do relato, describa que tipo de narrador presenta e explique a súa estrutura. Xustifique as respostas axudándose de exemplos tirados do texto. Extensión aproximada: 200 palabras.

Solución: Este é un texto de Rafael Dieste, escritor que modernizou a narrativa de Preguerra cos contos recollidos en Dos arquivos do trasno (1926), onde alternan elementos reais e fantásticos en historias nas que predomina o misterioso e o insólito, a relación co Alén ou a escrita simbólica e futurista. Dieste tamén é autor dunha peza renovadora do teatro galego: A fiestra valdeira (1927). O tema central do relato é a obsesión do portador dun féretro ante a dúbida de ter axudado a soterrar unha persoa viva («¿Sentino ou foi aprensión miña?»). Trátase dun narrador protagonista, que relata os feitos en primeira persoa e se dirixe a un auditorio de «amigos» que escoita a historia («Comprendede, escoitade»). O texto presenta tres partes: 1) Primeira (parágrafos 1-3): O narrador protagonista cre sentir como o morto Bieito buliga no cadaleito, pero cala por temor a equivocarse («Non podería aseguralo»). 2) Segunda (parágrafos 4-5): O narrador obsesiónase pensando que talvez enterrou vivo a Bieito e decide saír de dúbidas acudindo de noite ao camposanto («Andei tolo de remorsos»). 3) Terceira (parágrafos 6-8): No cemiterio, o narrador volve ter a sensación de oír a Bieito rabuñar no cadaleito, pero sente chegar xente e foxe para evitar preguntas incómodas («Fuxín coa solapa subida»).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

Ejercicio 4.1 - Educación literaria: Castelao · Ordinaria 2025 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas