Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026
Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Extraordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.
Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.
Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.
Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,
Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025
1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto. Extensión aproximada: 60 palabras. [1,25 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
1.1. Realice un resumo do texto destacando nel as ideas principais. Evite parafrasear o texto. Extensión aproximada: 60 palabras.
Solución: A presenza do galego nos espazos tecnolóxicos é un reto. As ferramentas dixitais ofrecen un enorme potencial para a normalización da lingua, mais este avance non pode depender do voluntarismo, senón que precisa do apoio das administracións, universidades, empresas e sociedade. Internet ten os seus riscos, pero é tamén unha oportunidade para vivir en galego orgullosos de estar e ser. (60 palabras)
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Ejercicio 1.1 · Ordinaria 2026 ›
Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto
- Ejercicio 1.1 · Ordinaria 2026
- Pregunta 1.1 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 1.1 - Resumo do texto · Ordinaria 2025
- Pregunta 1.1 e 1.2 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 1 - Resumo e tema · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.1 - Resumo · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.1 · Ordinaria 2023
- Pregunta 1 - Resumo e tema · Ordinaria 2022
- Pregunta 1 (1.1, 1.2) - Estrutura e tema · Extraordinaria 2021
- Pregunta 1 · Ordinaria 2021