Ejercicio 2.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026
Tema: Fonética e fonoloxía do galego · Del examen Extraordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.
Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.
Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.
Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,
Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025
2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra cursiva no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: galego, reto, fóra, poderosa, somos. [1,25 puntos]
Palabra · Abertura da vogal tónica
()

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
2.1. Indique se a vogal tónica das seguintes palabras, destacadas en letra cursiva no texto, é unha vogal media semiaberta ou semipechada: galego, reto, fóra, poderosa, somos.
Solución: galego: semipechada; reto: semiaberta; fóra: semiaberta; poderosa: semipechada; somos: semipechada.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Pregunta 2.1 · Extraordinaria 2025 ›