Ejercicio 4.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026
Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Extraordinaria (2026)
Enunciado
PREGUNTA 4. EDUCACIÓN LITERARIA. (2,25+0,75=3 puntos).
Realice só un destes dous comentarios:
4.2. Este poema de Marica Campo (O Inicio, 1948), escrito en xullo de 2001, pertence á obra Mulleres (2002). Relacione o texto, brevemente, coa poesía do seu tempo. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto, sinale o tipo de composición lírica ao que pertence describindo as súas características métricas e comente tres figuras retóricas presentes nel. Extensión aproximada: 200 palabras. [2,25 puntos; 0,75 puntos adicionais por corrección e propiedades textuais]
Lapidadas
Como ovellas que van ao matadeiro
camiñades a serdes lapidadas
en reas, silenciosas e humilladas,
baixo a mirada atenta do carneiro.
Que o voso sangue sexa o derradeiro
a mollar esas terras magoadas
polo integrismo cruel, polas brigadas
dunha fe que vos nega todo abeiro.
¡Maldita sexa a man que tira a pedra!
¡Maldito na semente e no futuro
o nome dos que erguen ese muro
sobre peitos que alentan! ¡Sexa a hedra
nai piadosa a cubrilas, nai que medra
a reclamar a vida en berro puro!
Marica Campo, Mulleres (2002)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
4.2. Este poema de Marica Campo (O Inicio, 1948), escrito en xullo de 2001, pertence á obra Mulleres (2002). Relacione o texto, brevemente, coa poesía do seu tempo. Indique o tema central do poema xustificándoo a partir de exemplos tirados do texto, sinale o tipo de composición lírica ao que pertence describindo as súas características métricas e comente tres figuras retóricas presentes nel. Extensión aproximada: 200 palabras.
Solución: Este texto de Marica Campo é representativo dunha das liñas temáticas máis cultivadas na poesía galega dos anos 90 e dous mil: a escrita reivindicativa e feminista, que tamén teñen cultivado outras poetas deste tempo como Olga Novo, Yolanda Castaño ou Lupe Gómez, entre outras. O tema central do poema é a denuncia e condena explícita do maltrato á muller (en Oriente Próximo) por parte do patriarcado misóxino que remata con elas lapidándoas («Que o voso sangue sexa o derradeiro/ a mollar esas terras magoadas/ polo integrismo cruel...»; «¡Maldita sexa a man que tira a pedra!»). Este poema é un soneto e, como tal, está composto por dous cuartetos ou serventesios e mais dous tercetos de versos hendecasílabos de rima consonante. O esquema rimático é: ABBA ABBA CDD CDD. Entre as figuras retóricas destacan: — Metáfora: as ovellas como representación das mulleres «mansas» que son sacrificadas; ou o carneiro como encarnación do macho violento que as humilla e maltrata. — Encabalgamento («Como ovellas que van ao matadeiro/ camiñades (...)»; «Que o voso sangue sexa o derradeiro/ a mollar esas terras (...)»). — Anáfora («¡Maldita sexa (...)» / «¡Maldito na (...)»). — Paralelismo («polo integrismo cruel, polas brigadas»; «nai piadosa a cubrilas, nai que medra»). — Hipérbato («Como ovellas que van ao matadeiro/ camiñades a serdes lapidadas»).
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Ejercicio 4.2 · Ordinaria 2026 ›