Ejercicio 2.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026

Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Extraordinaria (2026)

Enunciado

TEXTO

O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.

Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.

Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.

Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,

Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025

2.2. Determine a que clase de palabra pertencen os seguintes termos subliñados no texto. Localice, para cada caso, outras dúas palabras da mesma categoría gramatical e indique a liña na que se atopan: porque, enormes, para, nosa, tamén. (1,25 puntos)

Termo: porque

Termo: enormes

Termo: para

Termo: nosa

Termo: tamén

Enunciado: Ejercicio 2.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Porque: clase de palabra

Solución: conxunción

Porque: dous exemplos do texto e liña

Solución: se (liña 2), ou (liña 3) / pero (liña 7), senón (liña 9) / e (liña 4)

Enormes: clase de palabra

Solución: adxectivo

Enormes: dous exemplos do texto e liña

Solución: minorizadas (liña 1), fundamental (liña 1) / tecnolóxicos (liña 2), actual (liña 2)

Para: clase de palabra

Solución: preposición

Para: dous exemplos do texto e liña

Solución: a (liña 1), en (liña 2) / de (liña 3), por (liña 4)

Nosa: clase de palabra

Solución: determinante posesivo / posesivo

Nosa: dous exemplos do texto e liña

Solución: súa (liña 1), seus (liña 10) / noso (liña 12)

Tamén: clase de palabra

Solución: adverbio

Tamén: dous exemplos do texto e liña

Solución: non (liña 2), fóra (liña 4) / nunca (liña 11), antes (liña 11)

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

Ejercicio 2.1 · Ordinaria 2026 ›

Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas