Ejercicio 1.3 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Extraordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.
Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.
Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.
Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,
Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025
1.3. Explique o significado dos seguintes termos resaltados en letra grosa no texto. (Non serán válidas as respostas que unicamente indiquen sinónimos): procesamento, algoritmos, idealizar, desinformación, homoxeneización. [1 punto]
a)
b)
c)
d)
e)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Significado no texto de: procesamento
Solución: Acción e efecto de procesar. Neste caso, a linguaxe natural a través de tratamento informático.
Significado no texto de: algoritmos
Solución: Conxunto de regras que permiten resolver un problema mediante un número finito de operacións. Neste contexto, motor preditivo que analiza informaticamente datos para ofrecer contidos personalizados.
Significado no texto de: idealizar
Solución: Dar carácter ideal a algo ou alguén. Considerar que algo ou alguén reúne as mellores calidades posibles ou que é máis apropiado para algo.
Significado no texto de: desinformación
Solución: Difusión intencionada e deliberada de información falsa, enganosa ou descontextualizada co fin de manipular, confundir ou influír en crenzas e opinións do público.
Significado no texto de: homoxeneización
Solución: Acción e efecto de homoxeneizar. No texto, uniformización cultural producida pola perda de trazos identitarios como resultado dun proceso de globalización tecnolóxica.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Ejercicio 1.3 · Ordinaria 2026 ›
Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
- Ejercicio 1.3 · Ordinaria 2026
- Pregunta 2.4 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.4 - Morfoloxía e léxico · Ordinaria 2025
- Pregunta 1.3 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 3.2 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Campo semántico · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023