Ejercicio 3.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2026
Tema: Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península · Del examen Extraordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
O galego, como moitas outras linguas minorizadas, enfróntase a un reto fundamental: a súa presenza nos espazos tecnolóxicos. Porque, na sociedade actual, aquilo que non está en Internet, non existe. Se o galego non está nos buscadores, nos asistentes de voz, nas aplicacións móbiles, nos videoxogos ou nas plataformas de formación, corre o risco de quedar fóra do presente... e, por extensión, do futuro.
Neste senso, a tecnoloxía pode ser unha poderosa aliada. A intelixencia artificial, o procesamento da linguaxe natural, os sistemas de recoñecemento de voz e tradución automática ou os algoritmos de recomendación ofrecen enormes posibilidades para a normalización do galego. Pero tamén esixen acción, compromiso e recursos. A presenza da nosa lingua nas novas ferramentas dixitais non será froito do azar, senón do traballo coordinado entre administracións, universidades, sector tecnolóxico e sociedade civil.
Non se trata de idealizar a Internet nin de negar os seus riscos. A desinformación, a homoxeneización cultural ou a dependencia de grandes plataformas son perigos reais. Pero tamén é certo que nunca antes tivemos tantas ferramentas ao noso alcance para crear, compartir, ensinar e vivir en galego. O reto é saber aproveitalas, con visión estratéxica e con orgullo do que somos.
Fernando Suárez, “Internet e lingua galega: unha alianza de futuro”,
Código Cero, nº 262, maio-xuño de 2025
3.1. A partir do escrito de Fernando Suárez, redacte un texto de opinión centrado na importancia dos medios de comunicación e das redes sociais no proceso de normalización lingüística do galego. O texto deberá contar con: breve introdución, corpo de argumentación (dous argumentos como mínimo) e conclusión. Extensión aproximada: 150 palabras. [1,25 puntos contido + 0,25 corrección = 1,5 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.1. Texto de opinión sobre os medios, as redes sociais e a normalización lingüística do galego
Solución: Redacción aberta argumentativa de aproximadamente 150 palabras con introdución, corpo con dous argumentos e conclusión.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
Ejercicio 3.2 · Extraordinaria 2026 ›
Más ejercicios de Sociolingüística: prexuízos, normalización e linguas da Península
- Ejercicio 3.2 · Extraordinaria 2026
- Ejercicio 3.1 · Ordinaria 2026
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 4.1 · Ordinaria 2024
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 4.1 · Extraordinaria 2022
- Pregunta 4.2 · Extraordinaria 2022
- Pregunta 4.1 · Ordinaria 2022