Ejercicio 3 - Campo semántico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
3.3. Localice no texto cinco palabras pertencentes ao mesmo campo semántico. [0,5 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.3. Localice no texto cinco palabras pertencentes ao mesmo campo semántico.
Solución: Medidas de tempo: inverno, días, ano, horas, verán, mes, novembro, século, outubro / Morte: defuntos, morte, espíritos, cemiterios, Samaín / Festas: festa, celebración, Samaín, Defuntos, magosto, Halloween / Xentilicios: anglosaxón, celta, irlandés, americano, gaélico / Relixión: cristianismo, santos, igrexa, ritos, crenzas.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024 · Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023 ›
Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras
- Pregunta 2.4 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.4 - Morfoloxía e léxico · Ordinaria 2025
- Pregunta 1.3 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 3.2 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024
- Pregunta 1.2 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.3 - Léxico · Extraordinaria 2023
- Pregunta 1.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 1 - Léxico · Extraordinaria 2022