Ejercicio 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2024)

Enunciado

TEXTO

A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.

Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.

Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.

GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)

PREGUNTA 1. Comprensión de texto

1.3. Explique o significado que teñen no texto as seguintes palabras: recolleitas, crenza, xurdiu, caveiras. Non son válidas as respostas só con sinónimos. (1 punto [0,25 por palabra ben definida])

Enunciado: Ejercicio 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Significado de 'recolleitas' no texto

Solución: Conxunto de produtos do campo, ou dun produto en particular, que se apaña ao chegar a época, polo xeral unha vez ao ano.

Significado de 'crenza' no texto

Solución: Idea que alguén ten acerca de algunha cuestión, principalmente de tipo relixioso.

Significado de 'xurdiu' no texto

Solución: Empezou a existir ou a ser advertido.

Significado de 'caveiras' no texto

Solución: Esqueletos da cabeza.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3.2 · Extraordinaria 2024 · Ejercicio 3 - Campo semántico · Ordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras