Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.1.
Indique se os catro infinitivos indicados en letra grosa poden ser conxugados e explique por que; en caso positivo, escriba a oración resultante. (1 punto: 0,4 se están ben indicados + 0,4 se están ben explicados + 0,2 pola oración resultante correcta)
Os infinitivos en letra grosa no texto son: comer, xurdir (no texto: 'Xurdiu hai...'), acender, queimar.
3.2.
“Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos”. Indique a categoría gramatical da palabra subliñada e constrúa dúas oracións máis con ela. Ademais, outras dúas coa secuencia se non, da cal tamén ten que indicar de que tipo de palabras está composta. (1 punto: 0,2 ptos por cada categoría ben expresada [x3] + 0,1 x 4 polos exemplos)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.1. Indique se os catro infinitivos indicados en letra grosa poden ser conxugados e explique por que; en caso positivo, escriba a oración resultante.
Solución: Só pode conxugarse o segundo (*comer*): "os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comeren cos seus familiares".
Categoría gramatical da palabra 'senón' na oración indicada
Solución: Conxunción (adversativa)
Dúas oracións con 'senón'
Solución: Exemplos libres que empreguen a conxunción adversativa *senón* (ou substantivo). Ex.: 'Non quero auga, senón zume' / 'Non o fixo el, senón o seu irmán'.
Composición e categoría gramatical da secuencia 'se non'
Solución: Conxunción condicional (ou completiva) *se* + adverbio de negación *non*
Dúas oracións coa secuencia 'se non'
Solución: Exemplos libres con *se non*. Ex.: 'Se non vés, marchamos' / 'Preguntoume se non ía vir'.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024 · Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025
- Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022
- Pregunta 3 - Gramática · Ordinaria 2022
- Pregunta 2 (2.1, 2.2) - Gramática · Extraordinaria 2021