Problema 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Tema: Literatura galega desde 1975 ata hoxe · Del examen Ordinaria (2024)

Enunciado

PREGUNTA 6. Educación literaria

Analice as características máis representativas deste poema. Contextualíceo historicamente e indique outras dúas voces poéticas da mesma época, con cadansúa obra. *Extensión aproximada: 250 palabras. [2,5 puntos]

En soneto de sons que soan sendo

a melodia do que eu son na eséncia

inconsciente de ser, unha preséncia

sen máis sentido que soar sabendo,

a monodia do viver entendo,

fluindo como o son, en transcendéncia,

improvisado ritual, auséncia

no eco que a memória vai perdendo.

Número e canto, necensária via

por que ascendo as escadas, se afastasen

a razón da intuición que o ritmo cria,

e transgrido a palabra, se soasen

outras voces que o sentido ouviría

cando os sons da sua música calasen.

Luísa Villalta, Música reservada (1991)

Enunciado: Problema 6 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

Analice as características máis representativas deste poema. Contextualíceo historicamente e indique outras dúas voces poéticas da mesma época, con cadansúa obra. *Extensión aproximada: 250 palabras.

Solución: Análise literaria (1,25 puntos): - Temática: reflexión existencial, introspección, subxectivismo (P1: ascendo, transgrido). Paralelismo música-poesía-existencia a través do léxico: sons, soan, melodia, monodia, canto, ritmo, eco, música, palabra. Dimensión metapoética e procura do sentido último máis alá da linguaxe. - Métrica e estrofa: soneto clásico de arte maior (versos hendecasílabos con rima consonante: ABBA ABBA CDC DCD). - Figuras retóricas: aliteración en s ("soneto de sons que soan sendo"), paronomasia/políptoto (son verbo / son substantivo), encabalgamentos ("eséncia / inconsciente", "auséncia / no eco"), personificación e oxímoro ("cando os sons da sua música calasen"). Contextualización e autoras/es (1,25 puntos): - Luísa Villalta (figura homenaxeada nas Letras Galegas de 2024), violinista e escritora multidisciplinar. - Época: poesía dos anos 90 (última década do século XX), caracterizada pola heteroxeneidade, temática urbana, feminismo, renovación estética, superación do autodidactismo e intertextualidade con outras artes (como a música). - Outras voces poéticas e obras: Ana Romaní (Últimas mareas, 1994), Chus Pato (Heloísa, 1991; Fascinio, 1995), Yolanda Castaño (Elevar as pálpebras, 1995), Olga Novo (Nós nús, 1997), Lupe Gómez (Pornografía, 1996), Xela Arias (Tigres coma cabalos, 1990; Darío a diario, 1996), Lois Pereiro (Poesía última de amor e enfermidade, 1995).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Problema 5 · Ordinaria 2024 · Pregunta 6 · Extraordinaria 2023 ›

Más ejercicios de Literatura galega desde 1975 ata hoxe