Ejercicio 1 - Resumo e tema · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Tema: Resumo, tema e estrutura do texto · Del examen Ordinaria (2024)

Enunciado

TEXTO

A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.

Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.

Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.

GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)

PREGUNTA 1. Comprensión de texto

1.1.

Indique o tema do texto en dúas liñas como máximo. (0,5 puntos)

1.2.

Elabore un breve resumo coa información máis relevante do texto. (1 punto)

Enunciado: Ejercicio 1 - Resumo e tema · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.1. Indique o tema do texto en dúas liñas como máximo.

Solución: O Samaín, o Día de Todos os Santos e o Halloween, formas culturais (e transculturais) de lembrar a morte.

1.2. Elabore un breve resumo coa información máis relevante do texto.

Solución: Comentario das tres celebracións citadas, procedencia e diferente significación para a sociedade galega.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 1.1 e 1.2 · Extraordinaria 2024 · Pregunta 1.1 - Resumo · Extraordinaria 2023 ›

Más ejercicios de Resumo, tema e estrutura do texto