Problema 2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2024
Tema: Produción textual: texto de opinión sobre o tema do texto · Del examen Ordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
A denominación Día de Todos os Santos provén do cristianismo, pero na cultura celta recibía o nome de Samaín. Con esta festividade celebrábase o comezo do inverno, comezaba a temporada “escura”, a do frío e sen recolleitas. Moitos dos ritos que se celebraban en Galicia durante estes días do ano acabaron por confundirse e atribuírselle a Halloween, unha celebración anglosaxoa que deriva do Samaín e que acabou por copar todo o protagonismo. “Hai ritos ligados a Halloween, pero son nosos dende hai centos de anos”, explica o antropólogo Rafael Quintía.
Durante o Samaín existía a crenza de que os defuntos visitaban as igrexas e as súas casas para comer cos seus familiares mentres que abandonaban, por unhas horas, a friaxe dos cemiterios. Segundo moitos estudios, desta celebración pagá nacen todas as tradicións asociadas cos mortos. A palabra, que procede do gaélico ‘Samhain’, significa ‘fin do verán’, e dá a benvida ao mes de novembro. Xurdiu hai tres mil anos e foron os irlandeses os que exportaron a celebración a Estados Unidos (EUA) a finais do século XIX. Erroneamente, crese que o Samaín naceu do Halloween americano, pero foi ao revés.
Na actualidade en Galicia tampouco se celebra o Samaín, senón o Día de Todos os Santos. Ambas as celebracións son relixiosas. “A festa tradicional é a de Defuntos, que inclúe tamén os magostos e ritos de carácter funerario. Pero a palabra ‘defuntos’ parece que asusta porque vivimos de costas á morte”, sostén Quintía. Hai varias tradicións asociadas a estes días de finais de outubro e comezos de novembro, como por exemplo, acender unha fogueira para queimar pólas ou, a máis coñecida, facer caveiras con cabazas para espantar os malos espíritos.
GCiencia, 30/10/2023 (adaptación)
PREGUNTA 2. Produción textual
Redacte un texto en que exprese a súa opinión sobre a celebración do Samaín, Todos os Santos ou Halloween e a concepción da morte na sociedade actual. *Extensión aproximada: 250 palabras. (2,5 puntos)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Redacte un texto en que exprese a súa opinión sobre a celebración do Samaín, Todos os Santos ou Halloween e a concepción da morte na sociedade actual. *Extensión aproximada: 250 palabras.
Solución: Texto argumentativo de opinión (aprox. 250 palabras) ben estruturado, coherente e correcto lingüisticamente.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 2 · Extraordinaria 2024 · Pregunta 2 - Produción textual · Extraordinaria 2023 ›