Pregunta 4 · Artes Escénicas PAU Galicia Ordinaria 2023
Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Ordinaria (2023)
Enunciado
PREGUNTA 4
Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo / Sitúe la obra en su contexto histórico y literario. Explique los procesos para el diseño de la puesta en escena del texto que se adjunta, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo. [5 puntos]
DON EDUARDO: Mira esta! (Referíndose aos papeis). Se soubese os anos que levo bourando nisto e que non..!
EDUARDO: Pos xa ves, por confianza non será.
DON EDUARDO: Mira ti, a confianza dunha moza de servir.
EDUARDO: Ui, para un poeta tenche o seu mérito, que nós para esta xente en xeral nin existimos. Pero tampouco podes queixarte dos grandes, que o crédito nunca cho negaron.
DON EDUARDO: Ai, non?
EDUARDO: Pois claro que non. No tocante a Os Eoas non. Ou xa non lembras aquel interese que che mostraban, aquela confianza absoluta no proxecto? Manuel Murguía, José Valdés, Benito Losada, Fontenla Leal, Romualdo Varela, a Pardo Bazán... Até da propia Rosalía recibiches carta! (Cita de memoria unha carta desta.): “Querido amigo: ¿Cuándo saldrá a la luz el poema que tiene usted anunciado? Yo lo espero con ansia hace tiempo, y lo mismo les pasa a todos los amantes de la verdadera poesía y que desean refrescar el entendimiento con algo selecto y delicado. Usted, que es de los verdaderos elegidos, es el que no debe dormirse ni un día; no nos haga, pues, esperar mucho la publicación de su obra que supongo, a juzgar por el amor con el que usted parece tratarla, ha de superar todavía en mérito a las que todos conocemos.”
DON EDUARDO: (Sarcástico.) Que memoria!
EDUARDO: É que iso é o que eu son, Eduardo: memoria. Queres que che diga cantas veces che preguntaron polo poema, cantas veces se dixo que xa estaba a punto de saír, cantas veces dixeches que lle estabas a dar os últimos retoques?
DON EDUARDO: (Desde a medo e a vulnerabilidade.) Non, non quero.
EDUARDO: Pois dígocho igual. No mil oitocentos oitenta, no oitenta e un, no oitenta e tres, oitenta e cinco, oitenta e sete, oitenta e nove, noventa e dous, noventa e oito, mil novecentos oito, dez, trece... E notas nos xornais, nas revistas, nas gacetas... Tamén queres que chas lembre?
DON EDUARDO: Pois non.
EDUARDO: Pois si. “El distinguido poeta don Eduardo Pondal ha terminado, por fin, después de largos años, su obra maestra, Os Eoas, y brevemente se iniciará su impresión.” Esta é de mil oitocentos noventa e un. “Pero la obra principal de nuestro poeta -porque Pondal es por antonomasia el poeta gallego- está siempre hecha y siempre por hacer.” Esta xa é do noventa e cinco. Se queres sigo.
DON EDUARDO: Xa che dixen que non quero.
EDUARDO: Pero quero eu.
DON EDUARDO: Pero eu non!
EDUARDO: Pero eu si, e querendo eu, queres ti. “Pondal debe a Galicia su insigne poema Os Eoas. Hace años que lo pule, corrige, enmienda y acicala y no nos lo entrega, no nos deja aspirar las emanaciones de gloria que de él han de surgir, siendo como serían, dadas las amarguras de este aciago año de mil ochocientos noventa y ocho, contraste y fuerza capaz de compensar esta dolorosísima decadencia de nuestra patria hispana.”
E aínda hai máis...
DON EDUARDO: (Desde o desespero.) Non, non hai máis!
EDUARDO: Hai, hai...
DON EDUARDO: Que che digo que non, Eduardo! Xa está ben de torturarme!
EDUARDO: E quen te tortura, Eduardo? Ao contrario. Máis ben che regalo os ouvidos. O que darían moitos por recibir tantísima gabanza. Por atesourar tanta fe! Cantos por aí quererían que as súas obras fosen tan rogadas! Tan fervorosamente esperadas!
Fragmento de Fillos do sol, de Cándido Pazó.

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
PREGUNTA 4. Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo (5 puntos)
Solución: Contextualización histórico-literaria de la obra Fillos do sol de Cándido Pazó (teatro gallego contemporáneo, figura de Eduardo Pondal y el Rexurdimento) y explicación rigurosa y creativa de las fases de producción y montaje escénico (análisis del texto/dramaturgia, diseño plástico y técnico, dirección de actores/ensayos y puesta en escena final).
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 2 · Ordinaria 2023 · Pregunta 2 · Extraordinaria 2022 ›