Pregunta 2 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2021

Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Extraordinaria (2021)

Enunciado

PREGUNTA 2. Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo. / Sitúe la obra en su contexto histórico y literario. Explique los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena del texto que se adjunta, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo. [5 puntos]

(Entra un home, tan serio coma ben portado)

O HOME SERIO: ¿Interrompo algunha conversación familiar?

(A Señora vólvese e mira para el en silencio. Non sabe que dicir. Os demais apártanse discretamente e eles quedan a un lado e ó outro da praza, mirándose)

A SEÑORA ELEGANTE: ¿Que ves facer aquí?

O HOME SERIO: Tamén era fillo meu, ¿ou xa o esqueciches?

A SEÑORA ELEGANTE: Non me podería esquecer diso aínda que quixera. ¿Como soubeches onde estaba?

O HOME SERIO: Supúxeno, coñecéndote.

A SEÑORA ELEGANTE: Non cambiaches moito. Segues presumindo de coñecerme.

O HOME SERIO: E ti segues convencida de que non.

A SEÑORA ELEGANTE: Chameite ó despacho e non estabas. Quería se-la primeira en dicircho.

O HOME SERIO: Déronme o recado en canto lles foi posible.

A SEÑORA ELGANTE: ¿Cando chegaches?

O HOME SERIO: Hai un pouco. No último avión.

A SEÑORA ELEGANTE: ¿Víchelo?

O HOME SERIO: Vin. Xa sei que ti non quixeches.

A SEÑORA ELEGANTE: Non puiden. Dixéronme que estaba tan desfigurado.

O HOME SERIO: A xente fala por falar.

A SEÑORA ELEGANTE: Ti había moito que non o vías. Engordara.

O HOME SERIO: Pareceume que estaba coma sempre. ¿Non me vas dar un abrazo?

(A muller dubida, por fin bótase nos seus brazos entre saloucos)

A SEÑORA ELEGANTE: Era tan novo aínda.

O HOME SERIO: Sempre o fixo todo demasiado a correr.

A SEÑORA ELEGANTE: Tiña a quen imitarse.

O HOME SERIO: Non tes por que te culpar.

A SEÑORA ELEGANTE: Necesitábao tanto.

O HOME SERIO: Todos o imos botar moito de menos, Carme.

A SEÑORA ELEGANTE: Ninguén tanto coma min.

O HOME SERIO: ¿Onde foi?

A SEÑORA ELEGANTE: Aí, diante desa tenda.

O HOME SERIO: ¡Deus Santo, como é posible que a ninguén se lle ocorrera aínda limpar ese sangue?

A SEÑORA ELEGANTE: Pedinlles eu que non o fixeran.

O HOME SERIO: ¿Por que?

A SEÑORA ELEGANTE: Non sei.

O HOME SERIO: Deberías estar con todos, na casa. Aquí non fas máis que torturarte.

Fragmento de Saxo Tenor, de Roberto Vidal Bolaño.

Enunciado: Pregunta 2 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2021

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

PREGUNTA 2. Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo. (5 puntos)

Solución: Respuesta abierta valorada según los criterios de evaluación oficiales.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 4 · Ordinaria 2022 · Pregunta 4 · Extraordinaria 2021 ›

Más ejercicios de Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje