Problema 4 · Artes Escénicas PAU Galicia Ordinaria 2024
Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Ordinaria (2024)
Enunciado
PREGUNTA 4 (5 puntos)
Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo. / Sitúe la obra en su contexto histórico y literario. Explique los procesos necesarios para el diseño de la puesta en escena del texto que se adjunta, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo.
ESCENA SEXTA
Estamos outra vez no patio onde están estendidos os feixóns.
Sor Einés e Tareixiña escollen os feixóns anicadas no chan. Sor Elvira repasa coas mans os feixóns xa escollidos, sentada nun escano.
A mesma luz brillante e de trono.
SOR ELVIRA: Bendito sexa o noso neno san Paio que nos mandou unha anada tan boa de feixóns.
SOR EINÉS e TAREIXIÑA: Bendito sexa.
SOR ELVIRA: Nunca se vira en Albeos cousa igual a estes feixóns. Grandes como foi a fe de san Paio, saniños como era o seu corazón cando Abderramán III llo arrincou, branquiños como tiña el a súa alma.
TAREIXIÑA: E vostede coñeceu o Neno Mártir, sor Elvira?
SOR EINÉS: E como ía coñecelo, Tareixiña! O neniño martirizárono en Córdoba o 26 do mes de San Xoán do ano 925. Bota contas! Vai para seiscentos anos. Sor Elvira é vella pero non tanto.
TAREIXIÑA: Mi madriña, que enganada estaba! Como sempre dicides que sor Elvira era da familia do neniño mártir...
SOR ELVIRA: Eu ser son da mesma caste de san Paio, pero non o coñecín. Nin eu, nin miña nai, nin miña avoa, que coñecía todos os curmáns que tiñamos, aínda que fosen de ben lonxe... Quen sabe cando morreu o último da casa que o coñeceu!
ABADESA (entra en escena moi enfadada): Pero aínda non acabastes de escoller os feixóns?
SOR ELVIRA: Estamos cos ultimiños.
ABADESA: Cos ultimiños xa estabades onte á tarde. Moi malos deben estar de escoller! Achéganse cada vez máis os tronos pola banda de Melgaço. Estades xordas ou non escoitades co balbordo da conversa? Non sabedes traballar caladas? Aproveitade para pensar nos vosos pecados e escollede lixeiras! Bulide!
SOR EINÉS: Mentres Tareixiña e sor Elvira rematan este último ferrado que nos falta vou eu levando os escollidos para dentro.
A abadesa mete as mans nos ferrados xa escollidos e saca un. Dá unha patada no chan con forza, levada pola carraxe.
ABADESA: Veña aquí, sor Einés!
SOR EINÉS: Pouso estes alá e xa volvo.
ABADESA: Non lle dixen que os pousase alá e volvese. Díxenlle que viñese aquí! Agora! Non falo con papas na boca. Enténdeseme ben se se pon atención no que digo.
Sor Einés pousa o ferrado e vai cara á abadesa con certo medo.
Que é isto?
SOR EINÉS: Un feixón.
A abadesa volve dar unha patada no chan.
ABADESA: Non me tire do xenio, sor Einés. Non me tire do xenio. Que é isto?
SOR EINÉS: Un feixón que... ten bicho. Mais é un bichiño moi pequeno que case non se ve.
ABADESA: Ooooooi, que antona ten! Un bichiño moi pequeno que case non se ve! E logo como o vin eu!? Xa se sabe que os bichos dos feixóns non son miñocas! Sor Elvira é máis vella que as campás do mosteiro e non ve un burro a tres pasos aínda que ornee cara a ela. Tareixiña anda co sentido a compoñer pensando na regalía do pazo no que se criou, que aínda lle acorda. Pero vostede? Vostede, sor Einés, que fai vostede? Poña sentido nas cousas! Que quere? Que gardemos os feixóns con bicho, que se piquen todos e se perda a anada enteira? Ver o mosteiro de San Salvador de Albeos polo chan? Quere que se perda a gloria do mosteiro que se ergueu para honrarmos a memoria de san Paio?
SOR EINÉS: Non, señora. Non quero tal.
Óese un trono moi preto.
Fragmento de As desterradas, de Carme Varela
4.1
4.2

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario.
Solución: Contextualización de *As desterradas* de Carme Varela: - Contexto literario: Obra de la dramaturgia gallega contemporánea escrita por Carme Varela, con la que ganó el prestigioso Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrales en el año 2021. Se enmarca en la recuperación de voces silenciadas y en la revisión de la historia de Galicia desde una perspectiva de género. - Contexto histórico y argumental: La obra se ambienta a finales del siglo XV (hacia 1499-1500) en el Monasterio de San Salvador de Albeos (Crecente, Pontevedra), monasterio benedictino femenino cuya comunidad de monjas fue obligada a abandonar el cenobio y anexionada a San Paio de Antealtares (Santiago) por la reforma de la orden benedictina impulsada por los Reyes Católicos. Muestra la resistencia de las monjas y la lucha por su autonomía frente al poder y la intromisión patriarcal.
Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se achega, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo.
Solución: Diseño de la puesta en escena del fragmento (Escena Sexta): 1. Fase de preproducción y análisis dramatúrgico: - Lectura analítica y fijación del concepto de dirección: reflejar la tensión entre la vida cotidiana y laboriosa de las monjas y la autoridad opresiva de la abadesa, junto con la amenaza externa de la tormenta y del conflicto territorial (frontera con Melgaço). - Planificación de equipos: dirección, escenografía, iluminación, sonido, vestuario y caracterización, y producción. 2. Fase de diseño de los elementos escénicos: - Espacio y escenografía: El patio del monasterio. Disposición de elementos centrales como el escaño de sor Elvira, los sacos o ferrados y la manta o el suelo donde están esparcidas las judías. Puede optarse por un diseño realista o un espacio simbólico desolado y austero. - Iluminación: La acotación indica «A mesma luz brillante e de trono» («La misma luz brillante y de trueno»). Empleo de luces duras, contrastadas y juegos de relámpagos y sombras que anticipen la tormenta tanto climática como dramática. - Espacio sonoro: Efectos de sonido de truenos cada vez más cercanos («Achéganse cada vez máis os tronos pola banda de Melgaço», «Óese un trono moi preto»), ambientación campestre/monacal de fondo y silencio tenso en las reprimendas de la abadesa. - Vestuario y caracterización: Hábitos benedictinos austeros, desgastados por el trabajo manual y la pobreza. Diferencia de edad y jerarquía entre la anciana sor Elvira, la joven Tareixiña, la sumisa sor Einés y la imponente presencia de la abadesa. 3. Fase de ensayos y realización: - Trabajo de mesa con los actores para profundizar en los personajes y los ritmos del diálogo. - Ensayos de movimiento escénico: movimiento corporal en el suelo recogiendo judías en contraste con la entrada violenta y enérgica de la abadesa (patadas en el suelo, movimiento jerárquico). - Ensayos técnicos y generales para coordinar la luz, los truenos sonoros y la acción dramática.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Problema 2 · Ordinaria 2024 · Pregunta 2 · Extraordinaria 2023 ›
Más ejercicios de Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje
- Pregunta 1 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 1 · Ordinaria 2025
- Pregunta 2 · Extraordinaria 2024
- Pregunta 4 · Extraordinaria 2024
- Problema 2 · Ordinaria 2024
- Pregunta 2 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 4 · Extraordinaria 2023
- Pregunta 2 · Ordinaria 2023
- Pregunta 4 · Ordinaria 2023
- Pregunta 2 · Extraordinaria 2022