Pregunta 4 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2022

Tema: Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje · Del examen Extraordinaria (2022)

Enunciado

PREGUNTA 4

Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se presenta, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo / Sitúe la obra en su contexto histórico y literario. Explique los procesos para el diseño de la puesta en escena del texto que se adjunta, detallando las particularidades de las distintas fases que permiten materializar el espectáculo. [5 puntos]

EDUARDO: Hai que recoñecer que valentía non lle falta.

DON EDUARDO: Valentía ou irreflexión? As cousas hai que as pensar un pouco.

EDUARDO: A ver, a túa medida do pouco ou do moito que hai que pensar as cousas non é moi de fiar.

DON EDUARDO: Pero que dis?!

EDUARDO: (Sinalando os papeis.) Cincuenta anos!

DON EDUARDO: Ah, xa. Xa. E outros cincuenta por se for preciso!

EDUARDO: Para que?

DON EDUARDO: Pois para… para estar seguro de…

EDUARDO: Outra vez! (DON EDUARDO non dá contestado.) Faille caso á moza, Eduardo. Quen non arrisca…

DON EDUARDO: E logo, non arrisco eu?

EDUARDO: Con que?

DON EDUARDO: Con esta aventura.

EDUARDO: A ver.

DON EDUARDO: A ver nada, Eduardo. Peréceche pouco risco querer buscarlle un novo horizonte á vella epopea céltica? Traela desde a noite dos tempos míticos e botala a navegar cara ao occidente, á procura dunha nova luz, dun novo rumbo histórico?

EDUARDO: Iso é retórica, Eduardo.

DON EDUARDO: Retórica, si. (Recitando a definición.) Arte do ben decir, de dar á linguaxe eficacia abondo para deleitar, persuadir ou conmover. Paréceche pouco risco pretender algo así afastándose do territorio coñecido da poética doméstica? Pensas que non arrisquei? Que non arriscaches?

EDUARDO: Eu?

DON EDUARDO: Ti, Eduardo, ti tamén, comezando este proxecto.

EDUARDO: Está ben, está ben. Pois arrisca agora rematándoo! Deixa que Os Eoas griten terra dunha vez, Eduardo!

DON EDUARDO: Terra?

EDUARDO: Terra, si. Terra. Conclúe por fin esta aventura!

DON EDUARDO: E non estou a punto, logo?

EDUARDO: Si, coma sempre.

DON EDUARDO: Coma nunca! Só que aínda non dei exactamente co punto.

EDUARDO: Ahh!

DON EDUARDO colle un dos papeis da mesa e le, nun ton cada vez máis febril e descontrolado, acentuado polo in crescendo dos canteiros repicando na pedra.

Fragmento de Fillos do sol, de Cándido Pazó.

Enunciado: Pregunta 4 · Artes Escénicas PAU Galicia Extraordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

PREGUNTA 4. Sitúe a obra no seu contexto histórico e literario. Explique os procesos necesarios para o deseño da posta en escena do texto que se presenta, detallando as particularidades das distintas fases que permiten materializar o espectáculo

Solución: Contextualización histórica y literaria de la obra y propuesta de diseño de la puesta en escena según las fases de producción teatral.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 2 · Extraordinaria 2022 · Pregunta 2 · Ordinaria 2022 ›

Más ejercicios de Puesta en escena de un fragmento: contexto de la obra y proceso de montaje