Pregunta 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2022)

Enunciado

TEXTO

Luis naceu en Malpica en 1999. O 13 de novembro de 2002 tiña tres anos. Cando lle pregunto que lembra do afundimento do Prestige, contesta que unha conversa no coche dos seus pais. El vai na parte de atrás. É pequeniño, ten os ollos grandes e cústalle ver fóra. Ao mellor conducen preto do mar, pero non se ve o mar. Na conversa dos adultos podería aparecer a palabra chapapote. Na conversa dos adultos hai un fedor e unha negrura. É viscosa a conversa dos adultos. Iso é todo canto lembra Luis.

Dezanove anos despois, teño a sensación de que a memoria da catástrofe foi borrada. Que ninguén nos dixo nada, que ninguén nolo repetiu as veces suficientes. Hai un par de semanas acudía en Compostela á representación de N.E.V.E.R.M.O.R.E., a peza de teatro documental coa que a Chévere reivindica o relato das voces baixas ao tempo que pon en escena o argumento pesado da burocracia que xerou o caso. Durante dúas horas respirei no público rodeado de persoas que si lembraban os días agónicos do Prestige, que si tiveran que decidir hai case dúas décadas entre acudir a limpar chapapote ou quedar na casa, entre manifestarse ou facer como que non pasaba nada. Ao final, sentín que parte daqueles espectadores emocionados eran tamén culpables da miña, da nosa desmemoria.

Non hai monumentos, non hai loito nacional ou lembranza anual. En Noia, na vila onde medrei, un grafiti enorme miraba á ría e berraba: NUNCA MÁIS. Quedounos o slogan coma un símbolo. Pero haberá dentro de cinco, dez anos, adolescentes capaces de interpretalo? Xente nova capaz de saber que aquilo é un signo de identidade? Que o nunca máis é a memoria dun pobo en pé cos ósos feitos de chuvia, unha manifestación de paraugas negros? Saberemos transmitir esa lección de dignidade?

O Prestige puido ser a grande lección de mobilización social, de política non partidista. O exemplo a seguir para todos os que viñamos despois. Pero non o foi. A desmemoria é proba diso. No N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere, ao final da obra, ocupan o fondo do escenario pancartas e frases das manifestacións da época. No centro, unha saba negra di: “O futuro non é o que vai pasar senón o que imos facer”. Que fixemos?, pregunto hoxe.

Ismael Ramos. ElDiario.es. 14/11/2021 (adaptación)

PREGUNTA 1. Comprensión do texto de Ismael Ramos

1.3.

Explique o significado que teñen no texto as seguintes palabras e expresións: "viscosa", "burocracia", "loito nacional", "slogan". Non son válidas as respostas só con sinónimos. (1 punto)

Enunciado: Pregunta 1 - Léxico · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

1.3. Significado no texto de «viscosa»

Solución: Espesa, pegañenta ou densa; empregado figuradamente para describir unha conversa pesada, turbia ou impregnada pola presenza asfixiante do chapapote.

1.3. Significado no texto de «burocracia»

Solución: Conxunto de normas, trámites e procedementos estritos da administración pública; no texto alude á lentitude, rixidez ou ineficacia dos organismos oficiais perante a catástrofe.

1.3. Significado no texto de «loito nacional»

Solución: Manifestación formal e pública de dor ou pena declarada oficialmente por un Estado ou asumida por todo un pobo ante un feito tráxico.

1.3. Significado no texto de «slogan»

Solución: Lema, fórmula ou frase breve, incisiva e fácil de lembrar que sintetiza unha mensaxe publicitaria ou unha reivindicación política e social.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 3 - Morfoloxía e léxico · Extraordinaria 2022 · Pregunta 1 (1.3) - Léxico · Extraordinaria 2021 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras