Pregunta 2.2 e 2.3 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2021
Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Ordinaria (2021)
Enunciado
TEXTO
A perfección non existía.
De quen era a culpa de que ela non fose perfecta?
Non obstante, os seus seguidores non tiñan por que sabelo, Bieito sempre llo dicía. O que comezara como unha simple diversión había sete anos, colgando fotos súas nas redes co modeliño que levar tal ou cal día, agora era un traballo profesional pagado con centos e mesmo miles de euros por imaxe subida, se o patrocinador era potente. Nunca tivera as cifras moi claras; esas cousas sempre as levara el. O único que sabía era que ía case polo medio millón de seguidores.
Colleu o móbil do estante e mergullouse na nata artificial, tapando os puntos estratéxicos do corpo. Aquí vese demasiado, aquí demasiado pouco. Así. Estirou o brazo e sorriu de xeito suxerinte. Había moito tempo que non se fotografaba polo simple pracer de facelo, sempre dirixida polas profesionais que controlaba Bieito. Fotógrafa, perruqueira, maquilladora... Había que darlle unha imaxe máis sofisticada ao blog, dicía el.
Puxo a cámara interna. As imperfeccións non tiñan importancia se ninguén sabía delas. Se medio millón de persoas dicían que eras perfecta, tanto tiña como te vises ti.
Sacou a foto e subiuna ao blog de inmediato. Seguramente algún diría que o fixera para anunciar a máscara de pestanas que provocaba a súa sensual caída de pálpebras, ou a pasta dentífrica branqueadora que facía que a perfecta dentadura reflectise a luz do flash. Mellor que pensasen iso que o que realmente se agochaba detrás: que deixara de ter control sobre a súa propia vida e que aquela pequena falcatruada lle lembraba que aínda podía facer algunha que outra cousa sen pedir permiso.
Antía Yáñez. Senlleiras.
PREGUNTA 2. Lingua e gramática
2.2. Segmente morfoloxicamente e indique o valor de cada morfema: seguidores, artificial, imperfeccións, branqueadora. [1 punto]
2.3. Localice no texto tres palabras pertencentes ao mesmo campo semántico. Indique se aparece tamén o seu hiperónimo e, de non ser así, propoña un. [0,5 puntos]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
2.2. Segmentación e valor dos morfemas de «seguidores»
Solución: Segu-i-dor-es: raíz (morfema léxico) + morfema flexivo (VT) + morfema derivativo (sufixo) + morfema flexivo de plural.
2.2. Segmentación e valor dos morfemas de «artificial»
Solución: Artifici-al: raíz (morfema léxico) + morfema derivativo (sufixo) / Art-ifici-al: raíz (morfema léxico) + morfema derivativo (sufixo) + morfema derivativo (sufixo).
2.2. Segmentación e valor dos morfemas de «imperfeccións»
Solución: Im-perfec-ción-s: prefixo (morfema derivativo) + raíz (morfema léxico) + morfema derivativo (sufixo) + morfemas flexivo de número.
2.2. Segmentación e valor dos morfemas de «branqueadora»
Solución: Branqu-ea-dor-a: branc- (raíz, morfema léxico) + -ea- (morfema derivativo, sufixo) + -dor- (morfema derivativo, sufixo) + -a (morfema flexivo de xénero).
2.3. Localización no texto de tres palabras do mesmo campo semántico
Solución: fotógrafa, perruqueira, maquilladora
2.3. Hiperónimo do campo semántico
Solución: profesionais / profesionais da imaxe / profesións / oficios
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 1 (1.3) - Léxico · Extraordinaria 2021