Pregunta 3.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024

Tema: Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras · Del examen Extraordinaria (2024)

Enunciado

TEXTO

Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.

Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.

O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.

O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.

Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023

3.2 Tendo en conta a palabra illamento, constrúa derivados co sufixo -mento a partir de verbos das segunda e terceira conxugación (dous de cada unha delas) e explique o significado que o sufixo achega ás palabras creadas con el. [0,75 puntos]

a)

b)

c)

Enunciado: Pregunta 3.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

3.2. Constrúa derivados co sufixo -mento a partir de verbos da segunda conxugación (dous)

Solución: crecemento, desenvolvemento / nacemento, esquecemento / coñecemento

3.2. Constrúa derivados co sufixo -mento a partir de verbos da terceira conxugación (dous)

Solución: recibimento, cumprimento / sentimento, sufrimento

3.2. Explique o significado que o sufixo achega ás palabras creadas con el

Solución: Morfema derivativo que forma substantivos a partir de verbos. Indica a acción e o efecto do expresado polo verbo.

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 1.3 · Extraordinaria 2024 · Ejercicio 1 - Léxico · Ordinaria 2024 ›

Más ejercicios de Léxico: significado, relacións semánticas e formación de palabras