Ejercicio 2.2 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
A terrible DINA (Depresión illada en niveis altos) que atravesou Valencia coma un raio na tempestade, con todas as súas mortíferas consecuencias, non foi unha catástrofe natural por máis que o repitamos. (...) Non é culpa da natureza: é, indiscutiblemente, de orixe humana.
Xa hai días que renxe a expresión de “catástrofe natural”, coma quen bota balóns fóra, coma se o feito de que o Mediterráneo estivese a 30ºC no verán fose o normal e non teña que ver con nós. (...)
Hai moitos anos que a ciencia nos alerta de que este estilo de vida e de consumo no que estamos inmersos é un imposible. Antes de doar para as consecuencias desta DINA sen nome, habería que pensar na lóxica de caer na tolemia do Black Friday ou de comprar, por exemplo, uns calcetíns nunha web chinesa para que nolos traian á nosa casa a máis de 10.000 quilómetros. (...)
É unha cegueira que mata e que o vai seguir facendo porque, sabendo o que hai que facer, seguimos correndo desnortados cara ao abismo. (...)
Agocharse trala palabra “natural” non vale. Non hai nada máis antinatural que ir en contra da natureza.
Rosa M. Tristán, “As catástrofes climáticas do século XXI, de ‘naturais’ nada”, Luzes, nº 134, novembro de 2024
2.2. Indique a función sintáctica que desempeñan na súa cláusula ou oración estas cinco unidades que figuran en cursiva no texto. Localice, para cada caso, outras dúas unidades que desempeñen a mesma función sintáctica nas súas cláusulas ou oracións e sinale a liña na que se atopan: a expresión de “catástrofe natural”; bota; un imposible; uns calcetíns; á nosa casa.
1.
a expresión de “catástrofe natural”
2.
bota
3.
un imposible
4.
uns calcetíns
5.
á nosa casa

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Función sintáctica de «a expresión de “catástrofe natural”»
Solución: suxeito
Dúas unidades que desempeñen a función de suxeito e liña
Solución: A terrible DINA (liña 1) / o feito de que o Mediterráneo estivese a 30° no verán (liñas 4-5) / a ciencia (liña 6)
Función sintáctica de «bota»
Solución: verbo / núcleo do predicado
Dúas unidades que desempeñen a función de núcleo do predicado e liña
Solución: atravesou (liña 1) / foi (liña 2) / repitamos (liña 2) / é (liña 3)
Función sintáctica de «un imposible»
Solución: atributo
Dúas unidades que desempeñen a función de atributo e liña
Solución: unha “catástrofe natural” (liña 2) / culpa da natureza (liña 2) / o normal (liña 5)
Función sintáctica de «uns calcetíns»
Solución: complemento directo / obxecto directo
Dúas unidades que desempeñen a función de complemento directo e liña
Solución: Valencia (liña 1) / balóns (liña 4) / o que hai que facer (liña 10)
Función sintáctica de «á nosa casa»
Solución: complemento circunstancial / complemento circunstancial de lugar
Dúas unidades que desempeñen a función de complemento circunstancial e liña
Solución: na tempestade (liña 1) / fóra (liña 4) / no verán (liña 5)
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 2.1 · Ordinaria 2026 · Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Ejercicio 2.2 · Extraordinaria 2026
- Ejercicio 2.1 · Ordinaria 2026
- Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025
- Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023