Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2025)
Enunciado
TEXTO
Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.
O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.
Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)
2.3. Identifique e explique que clase de perífrase verbal é a contida nesta secuencia do texto: variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender. Escriba un segundo exemplo que amose esta mesma clase de perífrase verbal, pero empregando un verbo auxiliar diferente. (1 punto)
a)
b)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
2.3. Identifique e explique que clase de perífrase verbal é a contida nesta secuencia do texto: variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender.
Solución: Perífrase verbal aspectual imperfectiva (ou durativa / cursiva / continua)
Escriba un segundo exemplo que amose esta mesma clase de perífrase verbal, pero empregando un verbo auxiliar diferente.
Solución: anda a se estender / leva a se estender / vai estendéndose / vén estendéndose
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025 · Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Ejercicio 2.1 · Ordinaria 2026
- Ejercicio 2.2 · Ordinaria 2026
- Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022