Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2025)

Enunciado

TEXTO

Se ben é certo que no momento actual todas as persoas que falamos galego nos recoñecemos como falantes dun mesmo idioma, con todos os matices das falas de cadaquén, tamén o é que a lingua está nun proceso permanente e continuo de transformación, de cambio e de innovación. Conviría preguntarse se Martín Codax e Rosalía de Castro entenderían o galego do século XXI e, asemade, se se identificarían con el. Sobre a primeira resposta, poucas dúbidas temos de que si nos entenderían. Sobre a segunda, a cousa non é tan doada, sobre todo se pensamos na variedade do galego que, desde hai catro décadas, se está a estender como variedade referencial, e que coñecemos como variedade estándar. Con certeza, identificaríanse máis co galego de Fernández del Riego.

O galego estándar é unha variedade lingüística supradialectal, planificada desde posicións académicas co correspondente aval político, cuxa principal finalidade adoita ser idear e promover unha estratexia niveladora da extraordinaria diversidade que caracteriza a nosa lingua. A partir desa diversidade, sobre todo da variación diatópica, elabórase unha variedade orientada a potenciar o seu uso no sistema educativo, nos medios de comunicación e na administración, en particular no que atinxe aos usos escritos da lingua.

Fernando Ramallo, “Que é o galego estándar?”, Que pasa co galego? (2023)

2.2. Sinale a que categoría gramatical pertencen as seguintes palabras que aparecen subliñadas no texto: todas, asemade, aval, niveladora, seu. Engada un segundo exemplo de cada tipo extraído tamén do texto. [1 punto]

1. Palabra «todas»:

2. Palabra «asemade»:

3. Palabra «aval»:

4. Palabra «niveladora»:

5. Palabra «seu»:

Enunciado: Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2025

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

2.2. Categoría gramatical da palabra «todas»

Solución: determinante indefinido / indefinido

2.2. Segundo exemplo de determinante indefinido extraído do texto

Solución: poucas / mesmo

2.2. Categoría gramatical da palabra «asemade»

Solución: adverbio

2.2. Segundo exemplo de adverbio extraído do texto

Solución: tamén / non / tan / máis

2.2. Categoría gramatical da palabra «aval»

Solución: substantivo / nome

2.2. Segundo exemplo de substantivo extraído do texto

Solución: momento / persoas / lingua / proceso / cambio / resposta / dúbidas / variedade / estratexia / diversidade

2.2. Categoría gramatical da palabra «niveladora»

Solución: adxectivo

2.2. Segundo exemplo de adxectivo extraído do texto

Solución: actual / permanente / continuo / doada / referencial / estándar / supradialectal / académicas / político / principal / extraordinaria / diatópica / educativo / escritos

2.2. Categoría gramatical da palabra «seu»

Solución: determinante posesivo / posesivo

2.2. Segundo exemplo de determinante posesivo extraído do texto

Solución: nosa

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025 · Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025 ›

Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas