Ejercicio 2.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2026
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2026)
Enunciado
TEXTO
A terrible DINA (Depresión illada en niveis altos) que atravesou Valencia coma un raio na tempestade, con todas as súas mortíferas consecuencias, non foi unha catástrofe natural por máis que o repitamos. (...) Non é culpa da natureza: é, indiscutiblemente, de orixe humana.
Xa hai días que renxe a expresión de “catástrofe natural”, coma quen bota balóns fóra, coma se o feito de que o Mediterráneo estivese a 30ºC no verán fose o normal e non teña que ver con nós. (...)
Hai moitos anos que a ciencia nos alerta de que este estilo de vida e de consumo no que estamos inmersos é un imposible. Antes de doar para as consecuencias desta DINA sen nome, habería que pensar na lóxica de caer na tolemia do Black Friday ou de comprar, por exemplo, uns calcetíns nunha web chinesa para que nolos traian á nosa casa a máis de 10.000 quilómetros. (...)
É unha cegueira que mata e que o vai seguir facendo porque, sabendo o que hai que facer, seguimos correndo desnortados cara ao abismo. (...)
Agocharse trala palabra “natural” non vale. Non hai nada máis antinatural que ir en contra da natureza.
Rosa M. Tristán, “As catástrofes climáticas do século XXI, de ‘naturais’ nada”, Luzes, nº 134, novembro de 2024
2.1. Determine a que clase de palabra pertencen os seguintes termos que aparecen subliñados no texto. Localice, para cada caso, outras dúas palabras da mesma categoría gramatical e indique a liña na que se atopan: con, xa, estilo, chinesa, vale. [1,25 puntos]
a)
b)
c)
d)
e)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Categoría gramatical de «con»
Solución: Preposición
Exemplos no texto da mesma categoría que «con»
Solución: en (liña 1), por (liña 2) / de (liña 3), para (liña 8)
Categoría gramatical de «xa»
Solución: Adverbio
Exemplos no texto da mesma categoría que «xa»
Solución: non (liña 2), indiscutiblemente (liña 3) / fóra (liña 4), antes (liña 7)
Categoría gramatical de «estilo»
Solución: Substantivo
Exemplos no texto da mesma categoría que «estilo»
Solución: depresión (liña 1), niveis (liña 1) / Valencia (liña 1), raio (liña 1)
Categoría gramatical de «chinesa»
Solución: Adxectivo
Exemplos no texto da mesma categoría que «chinesa»
Solución: terrible (liña 1), illada (liña 1) / altos (liña 1), mortíferas (liña 2)
Categoría gramatical de «vale»
Solución: Verbo
Exemplos no texto da mesma categoría que «vale»
Solución: atravesou (liña 1), foi (liña 2) / repitamos (liña 2), é (liña 3)
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 2.2 · Extraordinaria 2026 · Ejercicio 2.2 · Ordinaria 2026 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Ejercicio 2.2 · Extraordinaria 2026
- Ejercicio 2.2 · Ordinaria 2026
- Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025
- Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023