Pregunta 3.1 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2024
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Extraordinaria (2024)
Enunciado
TEXTO
Ultimamente fálase decote do campo baleirado. O 84,4% da nosa poboación vive en núcleos urbanos, mentres que o turismo rural e de natureza non deixan de medrar. Non son quen de obviar que estes dous feitos falan entre si.
Existe unha enorme desconexión emocional coa natureza nese 84,4% por cento de persoas urbanas que, ademais, é moi semellante en todas as sociedades occidentalizadas. A narrativa presenta tan só dous escenarios tópicos na hora de “contar” o campo: o romántico e o catastrofista.
O campo romántico é o que sae nos anuncios de perfumes ou moda e o das ofertas turísticas. Trátase de espazos “limpos”, onde a chuvia ou a neve vense só desde unha xanela cunha cunca quente nas mans, á calor dunha perfecta cheminea que non guinda faíscas nin mancha o chan coa súa cinza. Non hai cheiros nin insectos que piquen nin lama nin soles abafantes. Si, arrecendos de primavera, praias de augas de cristal (por suposto, con temperaturas ideais para mergullar o corpo humano), lecer, saúde e exercicio. É a natureza de Branca de Neve cando os paxariños e outros animais a axudan a facer a cama. É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmir baixo un teito de plástico transparente para ver as estrelas sen que o orballo nos amole.
O campo catastrófico é o que se presenta cando xa non falamos de visitalo, senón de habitalo. Nesta versión, a narrativa dá media volta e insiste nos cheiros, o frío, o esforzo físico, a sucidade, os perigos, o illamento. É un ambiente hostil e duro, onde o corpo se resente, envellécese antes e trabállase de sol a sol.
Llerena Perozo Porteiro, Praza Pública, 27.11.2023
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua
3.1. Examine os catro infinitivos en letra grosa no texto ( medrar, obviar, durmir, ver) e explique se é posible conxugalos. En caso afirmativo, reescriba o texto coa forma flexionada correspondente. (1 punto)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
Examine o infinitivo medrar e explique se é posible conxugalo.
Solución: Non é posible conxugalo: forma parte dunha perífrase verbal («non deixan de medrar»).
Examine o infinitivo obviar e explique se é posible conxugalo.
Solución: Non admite flexión: o suxeito do infinitivo é o mesmo ca o do verbo principal en primeira persoa do singular («Non son quen de obviar»), e a P1 do infinitivo non ten desinencia propia.
Examine os infinitivos durmir e ver e explique se é posible conxugalos.
Solución: Si é posible conxugalos (admiten flexión en P4: durmirmos, vermos).
Reescritura da oración coa forma flexionada correspondente dos infinitivos durmir e ver.
Solución: “É unha habitación-burbulla de turismo rural onde durmirmos baixo un teito de plástico transparente para vermos as estrelas sen que o orballo nos amole”
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025 · Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Ejercicio 2.2 · Ordinaria 2026
- Pregunta 2.2 · Extraordinaria 2025
- Pregunta 2.3 · Extraordinaria 2025
- Ejercicio 2.2 - Clases de palabras · Ordinaria 2025
- Ejercicio 2.3 - Perífrases verbais · Ordinaria 2025
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022
- Pregunta 3 - Gramática · Ordinaria 2022