Pregunta 2 (2.1, 2.2) - Gramática · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2021
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Extraordinaria (2021)
Enunciado
PREGUNTA 2. Lingua e gramática
2.1.
No texto aparecen catro infinitivos marcados en legra grosa e subliñados. Indique cal deles está conxugado e por que. Sinale tamén se os outros tres se poden conxugar ou non e explique os motivos. [1 punto]
2.2.
Identifique a función sintáctica que desempeñan dentro da oración os catro fragmentos subliñados no texto. Non é necesario que analice os seus compoñentes. [1 punto]

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
2.1. Indique cal deles está conxugado e por que. Sinalar tamén se se pode conxugar ou non e os motivos: referírmonos
Solución: Está conxugado. Xustificación: para explicitar o suxeito (nós). Aínda que o suxeito do infinitivo coincide co do verbo principal, os dous verbos están a bastante distancia e o infinitivo vai precedido de preposición.
2.1. Sinalar se se pode conxugar ou non e os motivos: relaxarnos
Solución: Podería conxugarse (relaxármonos). Xustificación: para indicar o suxeito, xa que non coincide co do verbo principal (era) e ademais vai precedido de preposición (para).
2.1. Sinalar se se pode conxugar ou non e os motivos: facer
Solución: Non se pode conxugar. Xustificación: porque o suxeito do infinitivo é o mesmo que o do verbo principal (forma verbal conxugada), e o principal antecede ao infinitivo: non sabemos (nós) que facer (nós).
2.1. Sinalar se se pode conxugar ou non e os motivos: transformarse
Solución: Non se pode conxugar. Xustificación: porque forma parte dunha perífrase verbal e poder é un verbo modal.
2.2. Identifique a función sintáctica de «Durante o confinamento estrito pola Covid-19 da pasada primavera»
Solución: CCT / Complemento circunstancial de tempo
2.2. Identifique a función sintáctica de «moitas cousas inéditas»
Solución: Suxeito
2.2. Identifique a función sintáctica de «tempo de sobra»
Solución: CD / Complemento directo
2.2. Identifique a función sintáctica de «abondosos»
Solución: Atributo / Atrib.
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 3 - Gramática · Ordinaria 2022 · Pregunta 2.1 · Ordinaria 2021 ›