Pregunta 3 - Gramática · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Ordinaria 2022
Tema: Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas · Del examen Ordinaria (2022)
Enunciado
TEXTO
Luis naceu en Malpica en 1999. O 13 de novembro de 2002 tiña tres anos. Cando lle pregunto que lembra do afundimento do Prestige, contesta que unha conversa no coche dos seus pais. El vai na parte de atrás. É pequeniño, ten os ollos grandes e cústalle ver fóra. Ao mellor conducen preto do mar, pero non se ve o mar. Na conversa dos adultos podería aparecer a palabra chapapote. Na conversa dos adultos hai un fedor e unha negrura. É viscosa a conversa dos adultos. Iso é todo canto lembra Luis.
Dezanove anos despois, teño a sensación de que a memoria da catástrofe foi borrada. Que ninguén nos dixo nada, que ninguén nolo repetiu as veces suficientes. Hai un par de semanas acudía en Compostela á representación de N.E.V.E.R.M.O.R.E., a peza de teatro documental coa que a Chévere reivindica o relato das voces baixas ao tempo que pon en escena o argumento pesado da burocracia que xerou o caso. Durante dúas horas respirei no público rodeado de persoas que si lembraban os días agónicos do Prestige, que si tiveran que decidir hai case dúas décadas entre acudir a limpar chapapote ou quedar na casa, entre manifestarse ou facer como que non pasaba nada. Ao final, sentín que parte daqueles espectadores emocionados eran tamén culpables da miña, da nosa desmemoria.
Non hai monumentos, non hai loito nacional ou lembranza anual. En Noia, na vila onde medrei, un grafiti enorme miraba á ría e berraba: NUNCA MÁIS. Quedounos o slogan coma un símbolo. Pero haberá dentro de cinco, dez anos, adolescentes capaces de interpretalo? Xente nova capaz de saber que aquilo é un signo de identidade? Que o nunca máis é a memoria dun pobo en pé cos ósos feitos de chuvia, unha manifestación de paraugas negros? Saberemos transmitir esa lección de dignidade?
O Prestige puido ser a grande lección de mobilización social, de política non partidista. O exemplo a seguir para todos os que viñamos despois. Pero non o foi. A desmemoria é proba diso. No N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere, ao final da obra, ocupan o fondo do escenario pancartas e frases das manifestacións da época. No centro, unha saba negra di: “O futuro non é o que vai pasar senón o que imos facer”. Que fixemos?, pregunto hoxe.
Ismael Ramos. ElDiario.es. 14/11/2021 (adaptación)
PREGUNTA 3. Funcionamento da lingua (sobre o texto de Ismael Ramos)
3.1.
Sinale a que clase de palabra pertence cada unha das que conforman o seguinte enunciado do texto: "Dezanove anos despois, teño a sensación de que a memoria da catástrofe foi borrada". (1 punto)
Palabra · Clase de palabra
Dezanove
anos
despois
teño
a
sensación
de
que
a
memoria
da
catástrofe
foi
borrada
3.2.
Indique a función sintáctica que desempeñan no interior da súa cláusula ou oración as seguintes unidades subliñadas no texto: (1 punto)

Solución
Según los criterios oficiales de corrección
3.1. Clase de palabra de «Dezanove»
Solución: Determinante numeral
3.1. Clase de palabra de «anos»
Solución: Substantivo
3.1. Clase de palabra de «despois»
Solución: Adverbio
3.1. Clase de palabra de «teño»
Solución: Verbo
3.1. Clase de palabra de «a» (a sensación)
Solución: Artigo determinado
3.1. Clase de palabra de «sensación»
Solución: Substantivo
3.1. Clase de palabra de «de»
Solución: Preposición
3.1. Clase de palabra de «que»
Solución: Conxunción
3.1. Clase de palabra de «a» (a memoria)
Solución: Artigo determinado
3.1. Clase de palabra de «memoria»
Solución: Substantivo
3.1. Clase de palabra de «da»
Solución: Contracción de preposición e artigo
3.1. Clase de palabra de «catástrofe»
Solución: Substantivo
3.1. Clase de palabra de «foi»
Solución: Verbo
3.1. Clase de palabra de «borrada»
Solución: Participio / Verbo
3.2. Función sintáctica de «tres anos»
Solución: Complemento directo / Obxecto directo
3.2. Función sintáctica de «ver fóra»
Solución: Suxeito
3.2. Función sintáctica de «hai un par de semanas»
Solución: Complemento circunstancial de tempo
3.2. Función sintáctica de «proba diso»
Solución: Atributo / Suxeito
La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium
Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.
‹ Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022 · Pregunta 2 (2.1, 2.2) - Gramática · Extraordinaria 2021 ›
Más ejercicios de Clases de palabras, formas verbais e funcións sintácticas
- Pregunta 3.1 · Extraordinaria 2024
- Ejercicio 3 - Clases de palabras e conxugación · Ordinaria 2024
- Pregunta 3.1 e 3.2 - Gramática · Extraordinaria 2023
- Pregunta 3.1 e 3.3 · Ordinaria 2023
- Pregunta 3.2 - Clases de palabras · Extraordinaria 2022
- Pregunta 2 (2.1, 2.2) - Gramática · Extraordinaria 2021
- Pregunta 2.1 · Ordinaria 2021