Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2023

Tema: Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas · Del examen Extraordinaria (2023)

Enunciado

PREGUNTA 5. Educación literaria

«Pois, don Celidonio veu de Castela, de mancebo do Baldomero García, onde botou moitos anos curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallau. Tamén Baldomero García viñera de Castela, vendendo queixo de pé de mulo polas portas, cunha blusa azul curta, cirigolas e chapeo coma o dos charros de Salamanca. Era pequeno, feito de cordas e sarmentos, e tiña a gadoupa enguruñada, adoito para apaña-las cadelas.»

Vicente Risco, O porco de pé (1928).

5. Contextualice o texto na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da obra, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes da mesma época literaria que Vicente Risco. (Extensión aprox. 250 palabras) [2,5 puntos]

Enunciado: Pregunta 5 · Lingua Galega e Literatura II PAU Galicia Extraordinaria 2023

Solución

Según los criterios oficiales de corrección

5. Contextualice o texto na época literaria correspondente e identifique e explique dúas características da obra, recorrendo sempre a exemplos tirados do propio texto. Sinale e explique brevemente outras dúas obras representativas de autores diferentes da mesma época literaria que Vicente Risco. (Extensión aprox. 250 palabras)

Solución: Contextualización: Vicente Risco, membro do Grupo Nós (primeiro terzo do século XX), xunto con Otero Pedrayo e Castelao, creadores da narrativa moderna en galego (revista Nós, Seminario de Estudos Galegos, Irmandades da Fala). Características do fragmento (0,5 cada unha): animalización dos personaxes para ridiculizalos (as mans de Baldomero García como «gadoupas» «para apaña-las cadelas»); enumeracións na descrición; personaxes da burguesía como protagonistas para criticar esta clase; humor negro («curtindo os sabañóns, enzoufado no aceite e no bacallao», «feito de cordas e sarmentos») e crítica ao materialismo dos comerciantes foráneos («viñera de Castela»). Outros autores e obras: Otero Pedrayo (Os camiños da vida, Arredor de si), Castelao (Cousas, Retrincos).

La explicación paso a paso, hecha con IA, es Premium. Premium

Resuélvelo aquí mismo: corrección automática, pistas y solución paso a paso.

‹ Pregunta 5 · Extraordinaria 2024 · Pregunta 5 · Ordinaria 2023 ›

Más ejercicios de Literatura galega de 1916 a 1936: Irmandades, Nós e vangardas